La Unión del Magisterio foi un periódico publicado en Sarria entre 1907 e 1926.

Historia e características Semanario profesional órgano da Asociación do Maxisterio da provincia de Lugo, apareceu en 1907. Fundado e dirixido por Antonio Gómez Requejo ata 1917. Despois foron directores Carlos Varela López, substituído por Leopoldo Rivas en 1918.BOP Lugo, 8-1-1920, p 1-2. En 1924 pasou a dirixilo o presidente da asociación Manuel López Gutiérrez.La Voz de la Verdad, 23-12-1924, p. 3. Entre os seus colaboradores figurou Luís Soto Menor. Suspendeu provisionalmente a súa publicación en abril de 1917.La Voz de la Verdad, 17-4-1917, p. 2. A Asociación provincial do Maxisterio acordou a súa suspensión "por non responder ás necesidades societarias" en xullo de 1926.El Regional, 20-7-1926, p. 4.

Notas

Categoría:Prensa escrita de Sarria Categoría:1909 en Galicia