Sandrine Bonnaire, nada en Gannat o 31 de maio de 1967, é unha actriz e directora de cine francesa. Gañou o Premio César a Mellor Actriz Revelación en 1984, o César a Mellor Actriz en 1986 polo seu papel en Sans toit ni loi, e a Copa Volpi a Mellor Actriz no Festival Internacional de Cinema de Venecia en 1995 por La Cérémonie.

Participou en películas baixo a dirección de Agnès Varda, Jacques Rivette, Claude Chabrol, Maurice Pialat, André Téchiné ou Patrice Leconte, entre outras personalidades do cinema francés.

Traxectoria Naceu nunha familia obreira da rexión francesa de Auvernia. Foi a sétima de once irmáns. Pasou a maior parte da súa xuventude en Grigny, na rexión parisiense onde cursou os seus estudos secundarois, no Collège Jean-Vilar.

As súas primeiras aparicións no cine foron como extra na Boum, dirixida por Claude Pinoteau, e na comedia Lles Sous-doués en vacances, de Claude Zidi.

En xuño de 1982 participou xunto a súa irmá Corinne nun casting anunciado no xornal France-Soir, no que buscaban unha extra para a películla À nos amours de Maurice Pialat. Finalmente foi Sandrine Bonnaire quen acadou o papel e co que gañou o Premio César a mellor actriz a idade de 16 anos. A súa relación con Pialat foi un un punto forte nos seus inicios, xa que traballou con el en Police e Sous le soleil de Satan que gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes en 1987.

A partir de entón, o nome de Sandrine Bonnaire asóciase ao cine de calidade francés e na súa carreira recibiu numerosos premios e tamén fixo en películas fóra do seu país.

Bonnaire ten dúas fillas, unha froito da súa relación con William Hurt (con quen coincidiu en 1991 na rodaxe de La peste de Luís Puenzo) e a segunda do seu marido (casou en 2003), o guionista Guillaume Laurant.

Filmografía

Como actriz A súa carreira como actriz comezou en 1983, aos dezaseis anos, cando protagonizou a película de Maurice Pialat À nos amours. Bonnaire interpretou a unha adolescente parisiense de quince anos cuxas relacións sexuais son moi promiscuas. Por este papel gañou o Premios César á mellor actriz revelación en 1984.

A carreira internacional de Bonnaire comezou grazas á película Sans toit ni loi, da directora Agnès Varda (1985). O papel da vagabunda protagonista valeulle a Bonnaire numerosos premios: o César á mellor actriz e o da Asociación de Críticos de Cine de Los Ángeles (ambos en 1986).

Participou na película Sous le soleil de Satan, de Maurice Pialat, adaptación da novela homónima de Georges Bernanos. Esta película gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1987. Bonnaire, pola súa banda, foi candidata en 1988 ao Premio César á mellor actriz polo seu papel de Mouchette, a moza amante do cura Donissan interpretado por Gérard Depardieu.

En 1989 estreouse Monsieur Hire, un filme dirixido por Patrice Leconte e protagonizado por Michel Blanc (no personaxe principal da obra, un home misántropo que se namora do personaxe interpretado por Sandrine Bonnaire). A película está baseada na novela homónima de Georges Simenon e recibiu excelentes críticas. Participou no Festival de Cannes de 1989 e Bonnaire volveu ser candidata ao Premio César á mellor actriz.

Interpretou a personaxe de Xoana de Arco en Jeanne la Pucelle 1994, dirixida por Jacques Rivette, unha longametraxe que se dividiu en dúas partes, Juana de Arco I - Las batallas e Juana de Arco II - Las prisiones. Esta actuación valeulle a súa terceira nomeamento aos Premios César de 1995.

Foi candidata por cuarta vez ao Premio César á mellor actriz en 1996 pola súa interpretación de Sophie no filme A cérémonie de Claude Chabrol. A película, estreada en 1995, está baseada na novela A Judgement in Stone, de Ruth Rendell. As críticas foron excelentes e destacouse a calidade das actuacións de Jacqueline Bisset (candidata ao Premio César á mellor actriz secundaria), Isabelle Huppert (gañadora do César á mellor actriz) e Sandrine Bonnaire (candidata a este premio e gañadora con Huppert da Copa Volpi do Festival de Venecia de 1995).

East/West (1999), de Régis Wargnier, supuxo a quinta candidatura de Bonnaire aos Premios César. Trátase dunha coprodución franco-ucraína-rusa-búlgaro-española cun guión de Rustam Ibragimbekov, Sergei Bodrov, Louis Gardel e Régis Wargnier, nomeada ao Oscar á mellor película en lingua estranxeira (2000). Ademais de Bonnaire, actuaron na película Oleg Menshikov, Sergei Bodrov (fillo) e Catherine Deneuve.

En 2006, no telefilme Le Procès de Bobigny, dirixida por François Luciani, interpretou o papel dunha persoa que estaba viva no momento da rodaxe, a nai da menor de idaded Marie-Claire Chevalier, foi violada en 1972 e bortou coa axuda de catro mulleres, entre elas a súa nai. ​Todas foron acusadas polo aborto e a complicidade, xulgadas e defendidas pola avogada Gisèle Halimi, tendo este proceso unha enorme repercusión, contribuíndo ao avance da despenalización do aborto en Francia. Nunha entrevista, Bonnaire dixo que interpretar a unha persoa viva: «Obrígate a deixar dunlado o teo ego como actriz. Tes que ter razón, porque sempre está o pensamento de que a outra persoa, a persoa afectada, verá a película. O pensamento de non traizoar, aínda que sexa unha adaptación». Ademais, engade sobre o contexto histórico dos feitosː «Tódalas mulleres que, por falta de medios, non podían recibir tratamento, abortaban. Sometéronse a unha operación clandestina e perigosa e foron consideradas como criminais!».

En 2013, traballou co cantautor Jacques Higelin e, no álbum Beau Repaire, cantou Duo d'anges heureux a dúo con el.

Na primavera de 2013, traballou por primeira vez con Claude Lelouch, na película nº 42 do director Salaud, on t'aime, na que actuou xunto a Johnny Hallyday e Eddy Mitchell; a estrea do filme en cines foi en abril de 2014.

Regresou aos escenarios en Valence, no 2014, interpretando L'Odeur des planches de Samira Sedira nunha lectura escenificada dirixida por Richard Brunel.​

Con motivo do Día Internacional da Muller, o 5 de marzo de 2020, particiou nun desfile de moda en Tunisia organizado polo Instituto Francés titulado Over fifty... et alors? (Mais de cincuenta... e agora?), dedicado ás mulleres que cumpliron cincuenta anos.

O primeiro de xuño de 2022 estreouse o vídeo da canción L'Homme qui court,​ do álbum Radio Londres do cantante Axel Bauer, no que Bonnaire participa e aparece disfrazada de home.

Como directora En 2007 Bonnaire fixo o seu debut como directora co documental Elle s'appelle Sabine. Neste filme, Bonnaire fai un retrato cinematográfico da súa irmá Sabine, que padece un atraso mental que foi diagnosticado tarde como unha forma de autismo. En maio de 2007 foi proxectada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes.

Lista de películas como actriz dereita|miniatura|Sandrine Bonnaire no Festival de Cannes en 2000. dereita|miniatura|Bonnaire en 2003 na estrea de Le Cou de la girafe. dereita|miniatura|Sandrine Bonnaire en 2012, Festival de Deauville.

1980: La Boum, de Claude Pinoteau; papel menor 1982: Les Sous-doués en vacances; de Claude Zidi; papel menor 1983: À nos amours, de Maurice Pialat; Suzanne 1984: Tir à vue, de Marc Angelo; Marilyn 1985: Blanche et Marie, de Jacques Renard; Marie 1985: Le Meilleur de la vie de Renaud Victor; Véronique 1985: Police, de Maurice Pialat; Lydie 1985: Sans toit ni loi, de Agnès Varda; Mona 1986: La Puritaine, de Jacques Doillon; Manon 1987: Les Innocents, de André Téchiné; Jeanne 1987: Sous le soleil de Satan, de Maurice Pialat; Mouchette 1988: Quelques jours avec moi, de Claude Sautet; Francine 1988: Peaux de vaches, de Patricia Mazuy; Annie 1989: Monsieur Hire, de Patrice Leconte; Alice 1990: La Captive du désert, de Raymond Depardon; a cativa 1990: Dans la soirée (Verso sera), de Francesca Archibugi; Stella 1991: Le Ciel de Paris, de Michel Béna; Suzanne 1991: La Peste, de Luis Puenzo; Martine Rambert 1992: Prague, de Ian Sellar; Elena 1994: Jeanne la Pucelle I - Les batailles, de Jacques Rivette; Jeanne 1994: Jeanne la Pucelle II - Les prisons, de Jacques Rivette; Jeanne 1994: Confidences à un inconnu (Ispoved neznakomtsu), de Georges Bardawil; Natalia 1995: Les cent et une Nuits de Simon Cinéma, de Agnès Varda; A vagabunda 1995: La Cérémonie, de Claude Chabrol; Sophie 1996: Never Ever, de Charles Finch; Katherine Beaufort 1997: Die Schuld der Liebe, de Andreas Gruber; Monica Besse 1998: Secret défense, de Jacques Rivette; Sylvie 1998: Voleur de vie, de Yves Angelo; Olga 1999: Au cœur du mensonge, de Claude Chabrol; Viviane Sterne 1999: Este/Oeste, de Régis Wargnier; Marie 2001: Mademoiselle, de Philippe Lioret; Claire Canselier 2001: C'est la vie, de Jean-Pierre Améris; Suzanne 2002: Femme Fatale, de Brian De Palma; Ela mesma 2003: Résistance, de Todd Komarnicki; Lucette Oomlop 2004: Confidences trop intimes, de Patrice Leconte; Anna 2004: Le Cou de la girafe, de Safy Nebbou; Hélène 2004: L'Équipier, de Philippe Lioret; Mabé Le Guen 2006: Demandez la permission aux enfants, de Éric Civanyan; Marie 2007: Je crois que je l'aime, de Pierre Jolivet; Elsa 2007: Un cœur simple, de Marion Laine; Félicité 2008: L'Empreinte, de Safy Nebbou; Claire Vigneaux 2009: Joueuse, de Caroline Bottaro; Hélène 2012: Adieu Paris, de Franziska Buch; Françoise Dupret 2014: Salaud, on t'aime, de Claude Lelouch; Nathalie Beranger 2015: La dernière leçon, de Pascale Pouzadoux; Diane 2016: Le ciel attendra de Marie-Castille Mention-Schaar; Catherine Bouzaria 2017: Une saison en France de Mahamat Saleh Haroun; Carole Blaszak 2017: Prendre le large de Gaël Morel; Édith Clerval 2019: K contraire de Sarah Marx; Gabrielle Fravielle 2019: Trois jours et une vie de Nicolas Boukhrief; Blanche Courtin 2020: Voir le jour de Marion Laine; Jeanne 2021: Umami de Slony Sow; Louise Carvin 2021: L'amour c'est mieux que la vie de Claude Lelouch; Sandrine 2021: L’Événement de Audrey Diwan; Gabrielle 2022: Umami de Slony Sow; Louise Carvin 2023: Comme une louve de Caroline Glorion; Élodie Piat 2023: Limonov: The Ballad of Eddie de Kirill Serebrennikov 2023: Dance First de James Marsh; Suzanne Dechevaux-Dumesnil 2024: Le Mangeur d’âmes de Julien Maury e Alexandre Bustillo; Docteur Carole Marbas

Premios e nomeamentos AnoPelícula Premio Categoría Resultado1984 À nos amours Premios César Mellor Actriz Revelación 1986 Sans toit ni loi Premios César Mellor actriz Unión de Críticos de Cine Francés Mellor actriz Sociedade Nacional de Críticos de Cine Mellor actriz Asociación de Críticos de Cine dos Ánxeles Mellor actriz Premios Sant Jordi de Cinematografía Mellor actriz estranxeira 1988 Sous le soleil de Satan Premios César Mellor actriz 1990 Monsieur Hire Premios César Mellor actriz Premios Sant Jordi de Cinematografía Mellor actriz estranxeira 1995Jeanne la Pucelle: II. Les PrisionsPremios CésarMellor actriz Festival de VeneciaCopa Volpi á mellor actriz 1996 La Cérémonie Premios César Mellor actriz 2000 Est/Ouest Premios César Mellor actriz 2001 Mademoiselle Festival de Cabourg Mellor actriz Elle s'appelle Sabine Premios César Mellor película documental 2007 Festival de Cine de Cannes Premio FIPRESCI Festival de Cine de Cannes cámara dourada 2009 Unión de Críticos de Cine Francés Mellor película debut Premios Globo de Cristal Mellor película documental Festival Internacional de Cine de Chicago Mellor película documental 2018 Premio á súa carreira Premios Magritte Premio Honorífico

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Guionistas de Francia Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Actores de teatro de Francia