O sansimonismo foi o movemento ideolóxico con fins políticos fundado polos seguidores do socialista utópico Henri de Saint-Simon despois da morte deste en 1825. En Francia constituíu a primeira formulación do socialismo, aínda que se discute se as súas propostas foron realmente socialistas. A súa influencia estendeuse fóra de Francia e alcanzou practicamente a todo o planeta, presentándose non tanto como un «movemento socialista ou social como canto agrupación técnico-política, con obxectivos reformistas, metas financeiras e místico-filosóficas non demasiado definidas».

Os sansimonianos avogaron, entre outras cousas, pola abolición do dereito á herdanza, a redistribución da riqueza (nun sentido diferente ao socialismo actual) e nalgúns casos, a emancipación da muller. Neste grupo atopábanse as mulleres como Angélique Arnaud, Caroline Simon e Claire Démar. Desta última son as seguintes verbas:Quero falar ao pobo, ao pobo oídesme? é dicir tanto ás mulleres como aos homes, pois é habitual o esquecerse de mencionar ás mulleres cando se fala do pobo […]miniatura|Henri de Saint-Simon, das súas ideas naceu o movemento que leva o seu nome.|centro Notas

Categoría:Historia contemporánea de Francia Categoría:Historia de Francia do século XIX Categoría:Socialismo Categoría:Revolución Industrial