Sirin é un filme montenegrino de 2023 dirixido por Senad Šahmanović. Foi escollido como candidato de Montenegro para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse A trama segue a Nathalie, que abandonou a antiga Iugoslavia inmediatamente despois do comezo das guerras dos noventa. Como moitas outras persoas desta zona, emigrou ao estranxeiro na procura dunha vida mellor e dun futuro máis seguro. Despois de varios anos no estranxeiro, querendo adaptarse plenamente á vida nun novo ambiente, desexaba cambiar a súa identidade e borrar as súas orixes. Porén, unha herdanza dunha anciá rica que non tiña familia lévaa de regreso ao seu país de orixe, Montenegro.
Personaxes Danica Curcic como Nathalie May-Linda Kosumovic como Valerie Jelena Simic como Jasmina Marko Bacovic como Andrija Djurdjevic Jasna Djuricic como muller de Andrija Izudin Bajrovic como o alcalde Lidija Kordic como recepcionista do hotel
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Montenegro propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua serbocroata Categoría:Filmes de Montenegro