Retratos Fantasmas é un filme documental brasileiro de 2023 dirixido e escrito por Kleber Mendonça Filho. O filme revisita a cidade natal de Kleber, a cidade brasileira de Recife, a través do prisma histórico dos cinemas que frecuentaba, a partir da súa propia imaxe de arquivo persoal, lembrando o que antes eran lugares idílicos, hoxe pechados, que constituían un importante marcador temporal na evolución da sociedade brasileira.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2023, na sección Special Screenings. Posteriormente foi proxectado na sección Main Slate do Festival de Cinema de Nova York e na sección Wavelengths do Festival Internacional de Cinema de Toronto. Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes dirixidos por Kleber Mendonça Filho Categoría:Filmes ambientados no Brasil