Demetrio Gómez Xunqueira, nado en Pontevedra o 5 de xullo de 1967, é un profesor e político galego.

Traxectoria Estudou no IES Sánchez Cantón e licenciouse en Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.

Exerceu de profesor de secundaria en varios centros, como o instituto de Ponte Caldelas e o IES Torrente Ballester. miniatura|300px|Co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a escritora Fina Casalderrey, o editor David Cortizo Conde e a poeta María Lado nun acto oficial en Pontevedra en abril de 2024 Foi concelleiro polo BNG en Pontevedra de 2001 a 2003, de 2005 a 2007 e de 2009 en adiante. En 2024 era o coordinador e responsable da Área de dinamización social e cultural: Actividades culturais e sociais, Festas, Xestións das instalacións municipais socio culturais, Normalización lingüística e cultural, Memoria Histórica, Educación nos seus diferentes niveis e Xuventude. Antes fora Concelleiro de Mobilidade impulsando o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Pontevedra.

En 2017 foi nomeado responsable comarcal do BNG e en 2021 volveu encabezar o Consello Local do BNG con Sabela Bará. Formou parte do Consello Nacional do BNG.

Publicacións

"Noites abertas", en Los jóvenes y la cultura del ocio: diversas perspectivas y experiencias en el ámbito local: I congreso sobre ocio juvenil, Elche, 3, 4 y 5 de mayo de 2001 (2002). ISBN  84-7784-885-8. Páxs. 321-344. Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1967 Categoría:Políticos do BNG Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria