A PO-235 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Carballedo (Cerdedo Cotobade) e o alto da Portela da Cruz. Atravesa os concellos de Cerdedo Cotobade e A Lama. Ten unha lonxitude de 25 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-232 en Carballedo (Cerdedo Cotobade) e finaliza nun cruzamento coa OU-0415 na Portela da Cruz, no límite provincial de Pontevedra e Ourense.
Notas
Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Pontevedra Categoría:Cerdedo Cotobade Categoría:A Lama