Cagli (en latín Cale e Caj en dialecto gallo-piceno local) é unha comuna italiana da das Marcas, na provincia de Pésaro e Urbino, con arredor de 7985 habitantes.
Xeografía
Esténdese por unha área de 226 km², tendo unha densidade poboacional de 40 hab/km². Linda con Acqualagna, Apecchio, Cantiano, Fermignano, Fossombrone, Frontone, Gubbio, Pérgola, Pietralunga, Piobbico e Urbania.
O nome do concello
Era coñecida como Cale durante o período romano, que nas fontes tardoantigas aparece como Callis e Callium.
No comentario dos versos da Eneida de Virxilio de Mario Honorato Servio di: "Cales civitates est Campaniae, nam in Flaminia est, quae Cale dicitur" engadindo despois que hai outra cidade na Gallaecia de nome Cale
É refundada e renomada Sant'Angelo Papale en 1289 por vontade do papa Nicolás IV. Aínda así tanto oral como nos textos excritos, mesmo nos documentos oficiais, foi prevalecendo Cagli.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do concello de Cagli
Categoría:As Marcas Categoría:Concellos da provincia de Pesaro e Urbino