O Xinxiu bencao (chinés tradicional e simplificado: 新修本草; pinyin: Xīnxiū běncǎo; Wade-Giles: Hsin1-hsiu1 pen3-ts'ao3), tamén coñecido como Tang bencao (chinés tradicional e simplificado: 唐本草; pinyin: Táng běncǎo; Wade-Giles: T'ang2 pen3-ts'ao3), é unha farmacopea chinesa da dinastía Tang.Goldschmidt (2022): 137.Teoh (2019): 89. Foi redactada por un equipo de oficiais e médicos dirixido polo editor Su Jing. Baseouse nunha monografía anterior de Tao Hongjing, á que se engadiron novos materiais.

O texto foi publicado por primeira vez no 659, aínda que non se conserva ningunha copia chinesa. Chegou até nós unha copia do Xapón, onde a obra se coñecía dende o 721.

Contidos A obra consta de cincuenta e tres ou cincuenta e catro fascículos ou juan 卷.Buell (2022): 329.Despeaux (2019): 766. O texto orixinal incluía tanto descricións ilustradas (tujing 圖經) coma debuxos de menciñas (yaotu 藥圖), pero non se conservan na actualidade.Ming (2018): 310.Sterckx (2018): 140.

En total, lístanse arredor de oitocentas cincuenta fármacos diferentes, incluíndo trinta ingredientes foráneos que se importaban a través da ruta da seda.Nappi (2010): 29. Exemplos destes ingredientes son o benxuí, os cecidios do carballo ou a pementa.

Historia O Xinxiu bencao foi publicado no 659, sendo a primeira farmacopea chinesa financiada por unha dinastía imperial. Así mesmo, é un dos primeiros textos farmacolóxicos ilustrados que se coñecen.Ming (2018): 309.

Trátase da obra máis completa da súa época, e chegou a ser declarada a guía oficial sobre o emprego de fármacos dos Tang. Contra a dinastía Song (960-1279), o texto xa se perdera na China, aínda que continuou circulando no Xapón, a onde chegara no 721.Lo e Cullen (2004): 295. Secasí, non sería totalmente traducido ao xaponés até o 1918.Marcon (2015): 30. Varios fragmentos de versións chinesas atopáronse nas covas de Mogao.

Notas

 Véxase tamén Bibliografía Buell, P. D. (2022). Food and dietary medicine in Chinese herbal literature and beyond. En En Lo, V. et al. (eds.), The Routledge Handbook of Chinese Medicine (328-336). Routledge. Despeaux, C. (2019). Tujing yanyi bencao 圖經衍義本草. En Schipper, K. e Verellen, F. (eds.), The Taoist Canon: A Historical Companion to the Daozang (765-769), vol. 2. University of Chicago Press. Goldschmidt, A. (2022). Pre-standardised pharmacology: Han through Song. En Lo, V. et al. (eds.), The Routledge Handbook of Chinese Medicine (133-145). Routledge. Lo, V. e Cullen, C. (2004). Medieval Chinese Medicine: The Dunhuang Medical Manuscripts. Taylor & Francis. Marcon, F. (2015). The Knowledge of Nature and the Nature of Knowledge in Early Modern Japan. University of Chicago Press. Ming, C. (2018). Fanciful images from abroad: picturing the other in Bencao pinhui jingyao 本草品彙要. En Lo, V. e Barrett, P. (eds.), Imagining Chinese Medicine (305-314), vol. 18. Brill. Nappi, C. S. (2010). The Monkey and the Inkpot: Natural History and Its Transformations in Early Modern China. Harvard University Press. Sterckx, R. (2018). The limits of illustration: animalia and pharmacopeia from Guo Pu to Bencao Gangmu 本草纲目. En Lo, V. e Barrett, P. (eds.), Imagining Chinese Medicine (133-150). Brill. Teoh, E. S. (2019). Orchids as Aphrodisiac, Medicine or Food. Springer International Publishing.

Categoría:Medicina chinesa tradicional