O Toronto Sceptres é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Toronto, Canadá. É unha das seis franquías da Professional Women's Hockey League (PWHL). Toronto xoga os seus partidos como local no Coca-Cola Coliseum, aínda que tamén ten xogado no Scotiabank Arena.

Historia O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada en Toronto. O 1 de setembro a liga anunciou que Gina Kingsbury, a antiga vicepresidenta de opperacións de Hockey Canada e directora xeral da selección canadense, sería a directora xeral do equipo. O 15 de setembro anunciouse qu Troy Ryan, o seluccionador do equipo feminino do Canadá, sería o primeiro adestrador do equipo.

Identidade do equipo Coma o resto das franquías fundadoras da PWHL, Toronto operou sen unha marca propia distintiva durante a tempada inaugural da liga. O equipo empregou un modelo de camisola similar ao empregada por todos os equipos e que amosaba o nome da cidade en diagonal na parte dianteira, e era coñecido como PWHL Toronto. O equipo tiña a súa propia paleta de cores co azul e branco. En outubro de 2023 a liga rexistrou a marca rexistrada para o nome Toronto Torch. As cores e as camisolas do novo equipo reveláronse oficialmente o 14 de novembro de 2023, engadindo o negro.

Finalmente, a franquía de Toronto foi nomeada Toronto Sceptres cando a PWHL desvelou os nomes das franquías en setembro de 2024. O nome Sceptres fai referencia á "historia maxestosa e á súa impoñente presenza!", ademais a cidade é coñecida como Queen City (en galego Cidade Raíña). The Hockey News informou de que outros nomes en disputa para a franquía foran Torch, rexeitado pola súa pronuncia en francés e a súa connotación antifeminista, e tamén consideráronse os nomes Sentinels e Tempests. Ademais do nome, a liga revelou o logotipo do equipo, un gran cetro que incorpora no seu mango as letras T e S; o equipo engadiu tammén o amarelo ás súas cores.

Pavillón Datos de asistencia Durante a súa primeira tempada, o daquela PWHL Toronto xogou os seus partidos como local no Mattamy Athletic Centre, rexistrando unha asistencia media de 3 912 persoas nas bancadas.

Datos de asistencia ao Coca-Cola Coliseum Ano Asistencia media 2024-25 9 142 2025-26 9 108

Personalidades Xogadoras Capitás miniatura|250px|Blayre Turnbull foi nomeada primeira capitá do equipo de Toronto. A finais de decembro de 2023 o daquela PWHL Toronto nomeou a Blayre Turnbull como capitá do equipo. Renata Fast e Jocelyne Larocque foron nomeadas capitás asistentes do equipo na tempada inaugural da PWHL.

Capitás das Toronto Sceptres Nome(s) Período Blayre Turnbull 2023-

Eleccións na primeira rolda do draft

Dende a tempada inaugural da liga celébrase anualmente o draft, no que as franquías seleccionan seleccionan xogadoras das ligas universitarias ou estranxeiras. Nas edicións celebradas ata o momento as Toronto Sceptres nunca escolleron na primeira posición.

Eleccións na primeira rolda do draft Ano Nome do xogador Posto Equipo (liga) Ref 2023 Jocelyne Larocque 2º Team Adidas (PWHPA) 2024 Julia Gosling 6º St. Lawrence University (ECAC) 2025 Ningunha elección na primeira rolda 2026 Kirsten Simms 8º Wisconsin (NCAA)

Adestradoras O 15 de setembro de 2023 a nova franquía de Toronto anunciou que Troy Ryan sería o adestrador do equipo para a tempada inaugural.

Adestradoras das Toronto Sceptres Nome(s) Período Troy Ryan 2023-2026

Directores xerais Pouco despois de anunciar que unha das franquías que integrarían a PWHL tería a súa sede en Toronto, Gina Kingsbury foi nomeada a súa primeira directora xeral.

Directores xerais das Toronto Sceptres Nome(s) Período Gina Kingsbury 2023-

Palmarés Trofeos individuais Trofeo Billie Jean King: Entregado dende a creación da liga á xogadora máis valiosa da tempada. Unha xogadora das Sceptres recibiu o galardón: Natalie Spooner (2023-24) Dianteira do ano: Natalie Spooner (2023-24) Defensora do ano: Renata Fast (2024-25) Porteira do ano Kristen Campbell (2023–24) Adestradora do ano: Troy Ryan (2023–24)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Toronto Sceptres