Viriato Lamas Fernández, nado en Pontevedra en 1901 e finado en Ordes o 4 de abril de 1980, foi un director de coro galego.

Traxectoria

Foi o oitavo dos nove fillos de Víctor Lamas Lama e Matilde Fernández Villaverde. Traballou para Aquilino García Estévez. Foi detido en 1933 xunto con varios traballadores de comercio por un atentado contra os Almacenes Olmedo. Posteriormente foron exculpados. Participou no coro La Artística, na Polifónica de Pontevedra e foi actor afeccionado. Como membro do coro ía participar na Olimpíada Popular que se ía celebrar en Barcelona do 19 ao 26 de xullo de 1936. Saíu con outros galegos camiño de Barcelona o 16 de xullo. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 impediu a celebración. Ao rematar a guerra retornou a Pontevedra e foi apresado ao baixar do trén en abril de 1939 co seu irmán Víctor, Rogelio Pérez Hortas e Eugenio Urtaza Norat.El Pueblo Gallego, 19-4-1939, p. 5.

Instalouse en Ordes e en 1943 creou o primeiro Coro Gallego de Ordes. Volveu crear o Coro Ordense que tivo unha vida máis longa. Volveu crear unha terceira asociación, A Masa Coral Polifónica, que foi a máis duradoira. Foi socio fundador de Sementes do Arte en 1970. Vida persoal

Casou en Pontevedra coa mestra de Mondariz María García Calvo o 26 de xullo de 1925,El Diario de Pontevedra, 27-7-1925, p. 2. e foi pai de Mª Elvira, Ángel, César, Rafael, Marina e Jesús Lamas García. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Viriato Lamas Fernández, en Historias de Ordes.

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1980