O Lamborghini Terzo Millennio (en italiano Terceiro Milenio) é un prototipo eléctrico futurista presentado polo fabricante de automóbiles italiano Lamborghini e desenvolvido en colaboración co Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). É o primeiro produto dunha asociación de tres anos entre as dúas institucións. O Terzo Millennio foi presentado en novembro de 2017 na conferencia EmTech en Cambridge, Massachusetts, Estados Unidos.
Notas
Categoría:Modelos de Lamborghini