A Escola de Beijing (chinés tradicional e simplificado: 京派; pinyin: Jīngpài; Wade-Giles: Ching1-p'ai4) foi unha corrente literaria da República da China (1912-1949), conformada por escritores como Fei Ming (1901-1967), Shen Congwen (1902-1988), Li Jianwu (1906-1982) ou Zhu Guangqian (1897-1986). Recibe o seu nome porque estes autores vivían principalmente en Beijing e Tianjin.

Historia alt=Fotografía de Shen Congwen (1902-1988), o máximo representante da Escola de Beijing.|miniatura|Fotografía de Shen Congwen (1902-1988), o máximo representante da Escola de Beijing. A Escola de Beijing estableceuse como concepto en contraposición a unha suposta Escola de Shanghai, formada por escritores de moi diverso signo, que contemplaban a vida dende un punto de vista urbano e cosmopolita. A novelista máis coñecida da Escola de Shanghai foi Eileen Chang (1920-1995).

Pola contra, a Escola de Beijing posuía unha concepción máis tradicional, vencellada ao rural. Neste sentido, valoraban a literatura pola literatura, opoñéndose tanto á comercialización como á politización das artes.

Estilo As obras da Escola de Beijing destacan por reflectir a vida humana, especialmente a do campo, evitando tratar temas políticos. Enfatizan un concepto de "literatura pura", que debe ser harmoniosa e apropiada, tomando elementos tanto do romanticismo como do realismo. O seu estilo é simple e natural, cunha linguaxe concisa, clara e viva. Describen a beleza das emocións e da natureza humana, integrando a cultura local.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Shen Congwen (La literatura china traducida en España)

Categoría:Literatura da China Categoría:Literatura en lingua chinesa