Hans Enoksen, nado en Itilleq o 7 de agosto de 1956,Kalaallit Nunaata Radioa (Greenlandic Broadcasting Corporation) e finado o 17 de setembro de 2025, foi un político groenlandés que exerceu como o terceiro primeiro ministro de Groenlandia dende 2002 a 2009.
Traxectoria Monolingüe en lingua groenlandesa, foi un membro do Parlamento de Groenlandia dende 1995. Foi ministro de Pesca, Caza e Asentamentos e presidente do partido político Siumut en 2001. Foi elixido primeiro ministro o 14 de decembro de 2002. O seu partido gañou só cun 28%, un 7% menos ca as anteriores eleccións de 1999, pero aínda así abondo para gañar.
Despois da súa elección comezou unha alianza co partido de esquerdas Inuit Ataqatigiit. As dúas partes comezaron a debater como cambiar o acordo con Dinamarca e os Estados Unidos sobre canto debería recibir Groenlandia en compensación pola base aérea estadounidense situada fóra da cidade de Thule, no norte do país. Nas eleccións de 2009, Inuit Ataqatigiit gañoulle cun 43% dos votos en comparación co 26% do partido de Enoksen.
Despois da derrota de 2009, Hans Enoksen retirouse como líder do Siumut.Sermitsiaq: Hans Enoksen træder tilbage
Nas eleccións de 2013 foi reelixido, pero en xaneiro de 2014 estaba tan insatisfeito coa política de Siumut que deixou o partido e estabeleceu un novo partido político, o Naleraq.Tidligere landsstyreformand Enoksen stifter nyt parti - Information, 9 de xaneiro de 2014 O novo partido conseguiu o 11,6% dos votos válidos nas eleccións de 2014, e conseguiu tres membros para o parlamento groenlandés. Enoksen obtivo 2.425 votos persoais. Foi presidente do parlamento en 2018.
Enoksen morreu no Hospital Raíña Ingrid o 17 de setembro de 2025, con 69 anos.
Notas
Categoría:Nados en 1956 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Primeiros ministros de Groenlandia Categoría:Políticos de Siumut Categoría:Políticos de Naleraq Categoría:Deputados do Parlamento de Groenlandia Categoría:Presidentes do Parlamento de Groenlandia Categoría:Ministros de Enerxía de Groenlandia Categoría:Ministros de Pesca de Groenlandia Categoría:Ministros de Industria de Groenlandia Categoría:Ministros de Comercio de Groenlandia