Qassimiut, (tamén escrito antigamente como Qagssimiut e Kagsimiut) é un asentamento do concello de Kujalleq, no sur de Groenlandia. Fundouse en 1835 como un punto de comercio. Cunha poboación de tan só 20 habitantes en 2020, é a vila máis pequena por número de habitantes permanentes de Groenlandia.

Demografía A maioría das cidades e asentamentos do sur de Groenlandia presentan padróns de crecemento negativos nas últimas dúas décadas, con moitos asentamentos despoboándose moi axiña. Qassimiut foi perdendo poboación rapidamente nas últimas dúas décadas. A súa poboación diminuíu en máis de dous terzos en relación aos niveis de 1990.Statistics Greenland

Transporte e comunicacións O asentamento ten o seu propio heliporto, o heliporto de Qassimiut, xestionado por Mittarfeqarfiit. O resto do transporte é só en barco. O asentamento ten estradas de grava, pero non hai coches.

As comunicacións por Internet e por teléfono son proporcionadas por Greenland Home Rule.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades e vilas de Groenlandia