Medio dólar do Sesquicentenariode Columbia, Carolina do Sur "½ Dollar Columbia Sesquicentennial". Numista.com150x150px150x150pxA/: Alegoría da Xustiza sostendo unha espada e unha balanza; aos seus lados, a vella e a nova Casa do Estado. Marca de ceca. Lendas: COLUMBIA SOUTH CAROLINA / SESQUICENTENNIAL CELEBRATION OF THE CAPITAL / LIBERTY / 1786 1936R/: Palmeira rodeada por 13 estrelas. Debaixo, frechas e póla de carballo rota. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / HALF DOLLAR / E-PLURIBUS-UNUM / IN GOD WE TRUST Data: 1936. Ceca: US Mint: cecas de Filadelfia (sen marca), Denver (D) e San Francisco (S). Gravador: Abraham Wolfe Davidson. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 25.000 (+ 23 para a Assay Commission). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar do Sesquicentenario de Columbia, Carolina do Sur, é unha moeda de prata dese valor facial emitida en 1936 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración do 150 aniversario da cidade de Columbia como capital do estado de Carolina do Sur."Columbia, South Carolina Sesquicentennial Half Dollar". United States Mint."1936 Columbia Sesquicentennial Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com
O deseñador da moeda foi Abraham Wolfe Davidson. No seu anverso amosa a Dama da Xustiza sostendo unha espada e unha balanza, de pé entre a antiga Casa do Estado de Carolina do Sur, construída en 1790, e a nova Casa do Estado, terminada en 1903. O reverso amosa unha variedade de palmeira que é o símbolo do estado de Carolina do Sur, rodeada por 13 estrelas, que representan as Trece Colonias orixinais, aínda que tamén poden representar os Estados Confederados.
Malia a crecente oposición na época ás moedas conmemorativas, a lexislación sobre os medios dólares de Columbia aprobouse sen oposición no Congreso estadounidense en 1936. Á Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos non lle gustaron os deseños inicialmente propostos por Davidson e procurou, sen éxito, un artista substituto. As moedas cuñáronse en setembro de 1936, pero tardaron en distribuírse. Logo da súa distribución vendéronse en pequenos lotes, o que supuxo unha frustración para os comerciantes de moedas, que esperaban acumular máis exemplares para os revender á súa clientela. Distribuíuse a tiraxe máxima autorizada de 25.000 unidades; non se devolveu ningún exemplar á Casa da Moeda para o seu troco ou a súa refundición.
O prezo actual no mercado do coleccionismo, esta moeda acada un prezo da orde de centos de dólares, en función do seu estado de conservación.
Antecedentes
O feito conmemorado A zona que rodea a actual cidade de Columbia, en Carolina do Sur, foi colonizada por británicos xa en 1718, cando se estableceu o Forte Congaree en Granby, preto de onde despois se asentou a cidade.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 133. Logo da fin da Guerra da Independencia, a Asemblea Lexislativa de Carolina do Sur considerou que Charleston, que daquela era a capital do estado, era demasiado vulnerable aos ataques marítimos e ficaba demasiado lonxe das terras agrícolas que se estaban a desenvolver. En consecuencia, en 1786 designouse Columbia como nova capital, unha das primeiras cidades planificadas dos Estados Unidos. En 1790, a asemblea lexislativa reuniuse por primeira vez na antiga Casa do Estado,Flynn, K. (2008). Páxina 78. un edificio propenso ás inundacións e á humidade, que non era un bo lugar para gardar os documentos importantes do estado, polo que en 1856 comezaron as obras para construír un novo edificio, aínda que se interromperon durante a Guerra Civil. O antigo edificio foi incendiado tras a súa captura polas tropas da Unión en 1865. Como Carolina do Sur dispuña de pouco diñeiro para a construción do capitolio despois da guerra, o novo edificio non se terminou ata 1903.Stang, C. (2012). Páxinas 57-58. Como se verá máis adiante, ambos os edificios aparecen reproducidos no anverso do medio dólar.
A idea da moeda conmemorativa Ata 1954, o Goberno dos Estados Unidos vendía ao seu valor nominal as tiraxes completas das moedas conmemorativas que emitía a entidades sen ánimo de lucro autorizadas polo Congreso, que despois intentaban vender as moedas ao público cunha prima, para así poderen financiar proxectos altruístas relacionados co feito conmemorado. A aparente facilidade para obter beneficios coa compra e a tenza de moedas conmemorativas atraeu moitos afeccionados ao coleccionismo numismático, que intentaban adquirir as novas emisións. Isto deu lugar a moitas propostas de moedas conmemorativas no Congreso, entre elas algunhas de importancia puramente local, e en 1936 chegáronse a emitir 16 destas moedas con motivos diversos.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 62-63. Os proxectos de lei polos que se autorizaban esas emisións aprobáronse malia a oposición do departamento do Tesouro a dar o visto e prace a máis moedas conmemorativas, e mesmo o presidente Franklin D. Roosevelt chegara a pedir en 1935 que o Congreso non aprobase máis proxectos de lei deste tipo.Commemorative coins and Mint bills. United States Government Printing Office, Washington. 10 de febreiro de 1947. Páxinas 36-38.
No caso do medio dólar conmemorativo do Sesquicentenario de Columbia, a entidade designada para comprar e logo distribuír as moedas foi unha comisión que debía establecer o alcalde de Columbia —que en 1936 era Lawrence B. Owens—,"Mayors of Columbia". Richland Library. formado por non menos de tres persoas.Flynn, K. (2008). Páxina 353.
Proceso lexislativo miniatura|Hampton P. Fulmer, promotor na Cámara de Representantes da lei pola que se autorizou a emisión da moeda.
Logo de constituírse a Comisión do Sesquicentenario de Columbia, esta entidade fixo a solicitude formal da emisión do dólar conmemorativo."Silver commemoratives: 1936 D Columbia 50C". Numismatic Guaranty Company (Ngccoin.com). O 17 de xuño de 1935, o representante demócrata por Carolina do Sur Hampton P. Fulmer presentou na Cámara de Representantes un proxecto de lei para a autorización da cuñaxe da moeda, que foi remitido á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da cámara. Esta comisión informou a través de Andrew Somers, de Nova York, o 17 de febreiro de 1936,"Reports of committees on public bills and resolutions". Congressional Record - House. 17 de febreiro de 1936. Páxina 2.275. recomendando a aprobación do proxecto de lei, aínda que con algunhas emendas, entre as que estaban o aumento da tiraxe autorizada de 10.000 a 25.000 exemplares, e o requisito de que as moedas fosen encargadas por unha comisión de non menos de tres persoas nomeadas polo alcalde de Columbia, quen, segundo o proxecto de lei orixinal, debía designar as persoas responsables de distribuír as moedas."To authorize the coinage of 50-cent pieces in commemoration of the sesquicentennial anniversary of the founding of the city of Columbia, S.C.". United States Government Printing Office.17 de febreiro de 1936.
Fulmer levou entón o proxecto de lei ao pleno da Cámara de Representantes o 24 de febreiro de 1936. Bertrand H. Snell, de Nova York, preguntou se o proxecto procedía da Comisión de Moeda e Fulmer confirmoulle que así era, e que se estaba a traballar xa coa esperanza de ter moedas dispoñibles para a venda nas celebracións de Columbia en marzo. Snell declarou que tería preferido que unha moeda deste tipo fose solicitada por algunhas persoas da súa rexión, aínda que xa fora informado de que iso ía en contra da política do Departamento do Tesouro. Pola súa banda, Jesse P. Wolcott, de Míchigan, sinalou que el e outras persoas do seu estado intentaran no seu día conseguir a emisión dunha moeda conmemorativa para o centenario da súa admisión na Unión, e que non quixeran ser insistentes ante a oposición achada no Departamento do Tesouro e a ameaza dun veto presidencial. Finalmente, Thomas J. O'Brien, de Illinois, fixo un chamamento ao consenso e o proxecto de lei foi emendado e aprobado sen oposición nin máis debate na Cámara de Representantes."Sesquicentennial, Columbia, S. C.". Congressional Record - House. 24 de febreiro de 1936. Páxina 2.680.
Logo no Senado, o proxecto de lei foi remitido á Comisión de Banca e Moeda, e alí James F. Byrnes, de Carolina do Sur, informou ao respecto o 3 de marzo de 1936, recomendando unha serie de emendas menores que facían fincapé en que o aniversario conmemorado non era o da fundación da cidade, senón o da súa condición de capital de Carolina do Sur. O Senado emendou o proxecto de lei e aprobouno sen debate nin discrepancias."Coinage of 50-cent pieces in commemoration of founding of Columbia, S. C." Congressional Record - Senate. 3 de marzo de 1936. Páxina 3.100.
Como as dúas cámaras aprobaran versións que non eran idénticas, por mor das emendas engadidas, o proxecto tivo que volver á Cámara de Representantes, onde o 5 de marzo Fulmer pediu que se asumisen as emendas do Senado, o cal se fixo."Sesquicentennial anniversary, Columbia, S. C." Congressional Record - House. 5 de marzo de 1936. Páxina 3.327. O proxecto, que prevía a cuñaxe de 25.000 moedas de medio dólar, converteuse en lei coa sinatura do presidente Roosevelt o 18 de marzo de 1936."Columbia, South Carolina Sesquicentennial Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.gov).
Preparación miniatura|Nellie Tayloe Ross era a directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos cando se emitiu a moeda. A Comisión do Sesquicentenario seleccionou o escultor Abraham Wolfe Davidson, do Clemson College, para se encargar do deseño da moeda. Davidson, un inmigrante xudeu procedente de Rusia, chegara a un acordo cos administradores do Clemson College polo cal esculpiría unha estatua do seu fundador, Thomas G. Clemson, a cambio de aloxamento, mantenza e matrícula.Brothers, E. (2014). O 25 de maio de 1936, Nellie Tayloe Ross, directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, enviou os modelos da moeda en xeso elaborados por Davidson á Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos,Taxay, D. (1967). Páxina 179. que era a encargada de emitir ditames consultivos sobre todas as obras de arte públicas, incluídas as moedas, consonte unha orde executiva de 1921 do presidente Warren G. Harding.Taxay, D. (1967). Páxinas v-vi. A propia directora da US Mint apreciou xa nun primeiro momento o que consideraba defectos visibles no deseño proposto por Davidson,Flynn, K. (2008). Páxina 268. e dixo que eran "insatisfactorios" e que "carecían de mérito artístico", e o presidente da Comisión de Belas Artes, Charles Moore, coincidiu coa valoración de Ross nunha carta datada o 1 de xuño de 1936, e suxeriu á Comisión do Sesquicentenario que contratase un medallista experimentado.Flynn, K. (2008). Páxinas 268-269. Segundo Eric Brothers no seu artigo sobre Davidson para The Numismatist: "a Comisión do Sesquicentenario non cedeu; Davidson era o fillo adoptivo con talento de Columbia e de Clemson".
O 13 de xuño de 1936, Ross devolveulle os modelos de xeso a Davidson e escribiulle a James Hammond, presidente da Comisión do Sesquicentenario, para lle comunicar que devolvera os modelos e para lle expor os requisitos técnicos da Casa da Moeda para os modelos de cuñaxe. A partir de entón, Davidson traballou baixo a supervisión de Lee Lawrie, escultor e membro da Comisión de Belas Artes. A figura da Xustiza do anverso fíxose menos desgairada e as follas da palmeira do reverso idealizáronse. Finalmente, os modelos revisados foron recomendados pola Comisión de Belas Artes o 22 de xullo, e posteriormente foron aprobados polo secretario do Tesouro Henry Morgenthau.Taxay, D. (1967). Páxina 181.
Deseño
Anverso miniatura|Selo de Carolina do Sur.