Pavlos Nirvanas (en ), nado en Mariupol no 1866 e finado en Atenas o 29 de novembro do 1937, foi un escritor grego. O seu nome de nacemento era Petros K. Apostolidis.

Traxectoria Nirvanas naceu en Mariupol (Imperio Ruso, actual Ucraína). O seu pai procedía de Skópelos, e a súa nai de Quíos. Cando aínda era novo, a familia regresou a Grecia, asentándose no Pireo. Estudou Medicina na Universidade de Atenas, completando os seus estudos no 1890.

Logo, alistouse na mariña, chegando a ascender ao rango de oficial médico. Abandonou o servizo no 1922. Posteriormente, traballou como xornalista, baixo o pseudónimo de Kirios Asofos. Foi membro da Academia de Atenas dende o 1928. Faleceu o 29 de novembro do 1937 dunha pneumonía.

Obra Pavlos Nirvanas desenvolveuse en case todos os xéneros literarios: contos, dramas, poemas, ensaios, críticas, novelas, sátiras e, incluso, textos históricos. Tamén publicou traducións de Platón e Knut Hamsun. O seu primeiro volume de poesía apareceu no 1884, co título Δάφναι εις την 25ην Μαρτίου 1821 (Dafnai eis tin 25in Martiou).

Premios

Medalla das Artes e das Letras (1923).

Traducións

O crime de Psichiko (2023). Tradución directa ao galego de Alfonso Blanco. Hugin e Munin. .

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Obras de Nirvanas (Proxecto Gutenberg)

Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1866 Categoría:Escritores de Grecia Categoría:Escritores en lingua grega