A Mathematical Association of America (MAA) é unha sociedade profesional dedicada ás matemáticas adecuada para un nivel universitario.

A MAA fundouse no 1915 e ten a sede no Dupont Circle, barrio de Washington, D.C. A organización publica revistas e libros de matemáticas, incluíndo a American Mathematical Monthly , sendo a revista de matemáticas máis lida no mundo segundo rexistros do JSTOR.

Reunións A MAA patrocina o festival de verán anual MathFest e xunta a American Mathematical Society organiza o Joint Mathematics Meeting, a primeiros de xaneiro de cada ano.

Publicacións A asociación publica varias revistas asociada con Taylor & Francis: The American Mathematical Monthly orientada a universitarios e investigadores matemáticos. Mathematics Magazine orientada a profesores de universidade de nivel junior-senior. The College Mathematics Journal orientada a profesores de universidade de nivel freshman-sophomore. Math Horizons orientada a estudantes universitarios.

MAA FOCUS é o boletín informativo da asociación. Publica recursos online, a Mathematical Sciences Digital Library (Math DL). A este seguiulle no 2004, Convergence, e en 2005 MAA Reviews, un servizo de librería online e Classroom Capsules and Notes,un conxunto de notas das aulas.

A MAA publica varias series de libros. As series son: Anneli Lax New Mathematical Library, Carus Mathematical Monographs, Classroom Resource Materials, Dolciani Mathematical Expositions, MAA Notes, MAA Textbooks, Problem Books, e Spectrum.

Competicións A MAA patrocina numerosas competicións para estudantes, incluíndo a competición William Lowell Putnam, as series de competicións online, e as competicións American Mathematics Competitions (AMC).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, talk by Lee Lorch at AMS Special Session, Cincinnati, January 1994. Reprinted in .

(includes citation for Lee Lorch)

Ligazóns externas

MAA sitio oficial Unha guía dos rexistros da MAA, 1916–actualidade: Páxina inicial Mathematical Sciences Digital Library (MathDL) Convergence, a revista da historia da MAA e da educación en matemáticas (parte de MathDL)

Categoría:Matemáticas Categoría:Institucións científicas dos Estados Unidos