Manuel Romero González, nado en Barcia de Mera (Covelo) o 4 de xaneiro de 1904, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Propietario dunha ferretería en Tui. Afiliado a Izquierda Republicana. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa de la República que se formou o 20 de xullo. Coa toma de Tui polas tropas rebeldes logrou fuxir ao monte en solitario e puido chegar á casa dos seus pais en Barcia de Mera. A súa ferretería foi asaltada e roubada. Procesado na causa 529/36, o Xulgado militar de Tui citouno para que se presentase a principios de setembro xunto con Eduardo Fernández Miniño, Evaristo Freiría Fernández, Antonio Alonso Ríos, Hermenegildo Losada Loureiro, Guillermo Vicente Santiago, Severiano Castillo Alonso, Ulpiano Benito Piña, José Felipe Muñoz, Jesús González González e José Bernardo Pérez Alonso.El Pueblo Gallego, 6-9-1936, p. 8.

Estivo agochado en varios lugares durante máis de dez anos. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.El Compostelano, 16-5-1941, p. 2. Finalmente conseguiu pasar a Portugal e de alí embarcou a México en 1947, arribando ao porto de Nuevo Laredo o 29 de marzo de 1948. En México dedicouse os negocios. Retornou a Vigo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Repertorio biobibliográfico do exilio galego CCG.

Ligazóns externas

Ficha en Secretaría de Gobernación de México Breve historia de la Guerra Civil en Tuy. Alberto Estévez Piña

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Covelo

Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en ano descoñecido