Francisco José Montesinos Rodríguez, nado na Mezquita en 1966, é un político e empresario galego do PPdeG.

Traxectoria Propietario dunha panadería e dun bar. Nas eleccións municipais de 1991 foi o número 2 do PPdeG na Mezquita e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 e 2003 foi reelixido alcalde, novamente con maioría absoluta. Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta e perdeu a alcaldía tras un pacto entre PSdeG e BNG. Nese mandato foi designado deputado provincial.

En febreiro de 2011 abandonou o PPdeG, despois de que o presidente provincial do partido José Manuel Baltar disolvese o comité local e nomease outro candidatoMontesinos desafía a Baltar y se presentará como independiente a la Alcaldía de A Mezquita. Nas municipais dese ano encabezou a formación independente Mezquitenses Agrupados e gañou amplamente as eleccións, quedando a moi poucos votos da maioría absoluta. Porén, non recuperou a alcaldía dado que o único concelleiro do PPdeG apoiou o candidato do BNG Rafael Pérez Vázquez e pasou a gobernar cos nacionalistas e os socialistasEl PP priva a Montesinos de la Alcaldía de A Mezquita y se suma al pacto PSOE-BNG. En xaneiro de 2014 presentou unha moción de censura co apoio dun concelleiro tránsfuga exsocialista, porén non puido debaterse dado que legalmente o voto do tránsfuga non era válidoLa moción de censura en A Mezquita no sale adelante.

En novembro de 2014 regresou ó PPdeGEl exalcalde de A Mezquita vuelve al PP tres años después de ser expulsado del partido, encabezando a súa candidatura nas municipais de 2015. Logrou se-la forza máis votada, pero sen maioría absoluta, polo que o nacionalista Rafael Pérez continuou gobernando grazas ao apoio do PSdeG.

Vida persoal É irmán de Andrés Montesinos, alcalde de Viana do Bolo polo PPdeG.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais na Mezquita

Categoría:Alcaldes da Mezquita Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados na Mezquita Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes