Os 70 episodios do anime xaponés Sakura, cazadora de cartas baséanse no manga escrito e ilustrado polo grupo de artistas manga CLAMP. Sakura, cazadora de cartas está dirixiuna Morio Asaka e foi animada e producida por Madhouse. A serie céntrase en Sakura Kinomoto, unha alumna de cuarto de primaria que descobre que posúe poderes máxicos despois de liberar accidentalmente un conxunto de cartas máxicas do libro no que levaban anos seladas. Ela ten a tarefa de recuperar esas cartas para evitar que unha catástrofe descoñecida destrúa o mundo.

Os episodios divídense en tres tempadas: a primeira contén 35 episodios emitidos orixinalmente entre abril e decembro de 1998, a segunda temporada contén 11 episodios emitidos entre abril e xuño de 1999 e a terceira contén 24 episodios emitidos entre setembro de 1999 e marzo de 2000. A serie foi lanzada por Bandai Visual en 18 volumes compilatorios VHS, LD e DVD entre setembro de 1998 e maio de 2000. Geneon publicou dous volumes de Blu-ray Disc, un en marzo de 2009 que contén as dúas primeiras tempadas, e o segundo en xuño de 2009 que contén a terceira tempada. Lanzáronse tamén tres episodios curtos e bonus de OVA coas primeiras versións de edición limitada dos lanzamentos en VHS, LD e DVD.

A serie anime estreouse en galego o 15 de xaneiro de 2024 no Xabarín Club a través da tvG2. Foi traducida por Adrián Ramos e a dirección da dobraxe é obra de Antón Rubal.

Episodios Sakura, cazadora de cartas foi dirixida por Morio Asaka e animada e producida por Madhouse. A dirección artística é obra de Katsufumi Hariu e o deseño de personaxes de Kumiko Takahashi. A guionista principal da serie é Nanase Ohkawa de CLAMP. A música foi composta por Takayuki Negishi, coa dirección sonora de Masafumi Mima.

Tempada 1 N.º(serie) Título en galegoTítulo orixinal Director(es) Guionista(s) Data da estrea

Tempada 2 N.º(serie) Título en galegoTítulo orixinal Director(es) Guionista(s) Data da estrea

Tempada 3 N.º(serie) Título en galegoTítulo orixinal Director(es) Guionista(s) Data da estrea

Notas

Categoría:Sakura, cazadora de cartas Sakura, cazadora de cartas