Borislav Ivaylov Stankov (en ), máis coñecido como Slavy, nado en Huesca o 5 de maio de 2002, é un futbolista hispano-búlgaro que xoga como dianteiro no Unionistas de Salamanca CF, cedido polo Real Valladolid.

Traxectoria De pais búlgaros, naceu en Huesca e formouse como futbolista nas canteiras do Juventud de Huesca, Zaragoza, Huesca, Valencia e Valladolid. O 12 de xaneiro de 2020, con 17 anos, debutou co Valladolid Promoesas na Segunda División B, substituíndo a Carlos Doncel no cuarto de media hora final dun partido ante o Izarra.

En febreiro de 2020 renovou o seu contrato co club valisoletano ata 2023, pero en xuño sufriu unha grave lesión no xeonllo que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante os seguintes meses. Debutou co primeiro equipo do Valladolid na Segunda División o 8 de outubro de 2021, no empate a un gol ante o Málaga, cando o adestrador Pacheta lle deu entrada nos instantes finais no lugar de Toni Villa.

Para a tempada 2023/24 foi cedido ao Unionistas de Salamanca, da Primeira División RFEF.

Selección nacional Despois de disputar en 2020 catro partidos coa selección española sub-18, en 2022 decidiu pasar a representar internacionalmente a Bulgaria, nación de seus pais. O 15 de marzo de 2022 recibiu a súa primeira convocatoria para a selección búlgara sub-21, coa que debutou finalmente en setembro, nun partido ante Hungría.

Notas

Categoría:Nados en Huesca Categoría:Nados en 2002 Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Futbolistas de Bulgaria Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca