Pierre le Gentilhomme, nado en Fécamp o 2 de novembro de 1909 e finado en Neuilly-sur-Seine o 16 de xuño de 1947,"Pierre Le Gentilhomme (1909-1947)". BnF Data (Data.bnf.fr). foi un numismático francés, vinculado ao Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia."Pierre Le Gentilhomme (1909-1947)". En Gallia. Vol. 5. Nº 2. 1947. Páxina 318."Le Gentilhomme, Pierre Jean Auguste". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS).

Traxectoria

Pierre le Gentilhomme recibiu a súa formación na École des Chartes, onde se graduou en 1931 como arquiveiro paleógrafo, cunha tese sobre a institución dos Monnoyers du Serment de l'Empire no reino de Arles.Babelon, J. (1948). Páxina 177.

Esa tese valeulle o seu nomeamento no Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, inicialmente como auxiliar o 1 de novembro de 1932, e máis tarde como titular, o 26 de xaneiro de 1937.

Logo da interrupción da segunda guerra mundial, na que en 1939 foi prisioneiro e logo liberado, o 15 de marzo de 1944 foi nomeado conservador adxunto do Gabinete. Le Gentilhomme foi tamén profesor na École des Chartes, na École des Hautes-Études e no Collège de France.R. L. (1952).

Como numismático, centrou o seu interese nas emisións monetarias dos emperadores romanos do século III, así como nas cuñaxes e a circulación monetaria nos reinos bárbaros de Occidente. Tamén é de salientar a súa colaboración no Manuel de numismatique française, do seu antigo profesor Adolphe Dieudonné.

En 1945 ingresou como membro residente na Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, e tamén foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, entidade que presidiu entre 1944 e 1946. Nesta última, formou parte da tríade de directores da Revue numismatique entre 1945 e 1947, revista na que publicou moitos dos seus artigos.Babelon, J. (1948). Páxina 178.

Pierre le Gentilhomme finou en Neuilly-sur-Seine, no departamento de Altos do Sena, o 16 de xuño de 1947, aos 37 anos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Babelon, J. (1948). "Pierre le Gentilhomme". En Bibliothèque de l'École des chartes. Vol. 107. Nº 1. Páxinas 177-178. R. L. (1952). "Pierre le Gentilhomme (1909-1947)". En Revue archéologique. Tomo 39. Xaneiro-xuño. Páxina 101. "Pierre Le Gentilhomme (1909-1947)". En Gallia. Vol. 5. Nº 2. 1947. Páxina 318.

Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Nados no departamento do Sena Marítimo Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Alumnos da École des Chartes Categoría:Profesores da École des Chartes Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Arquiveiros de Francia Categoría:Paleografía Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática