Roger Montañola i Busquets, nado en Barcelona o 29 de marzo de 1986, é un político catalán, deputado no Parlamento de Cataluña nas IX e X lexislaturas. Foi membro de Unió Democràtica de Catalunya (UDC) e Unió de Joves e posteriormente de Lliures. No ano 2023 presentouse como cabeza da lista independente de Espai Ciu, a marca do Partit Demòcrata Europeu Català nas eleccións xerais españolas.
Traxectoria Criouse en Premià de Dalt, fillo dun médico e unha profesora, nun ambiente de clase media catalá. Estudou nunha escola concertada laica.
É licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Pompeu Fabra, cun posgrao na Universidade Autónoma de Barcelona. De mozo comezou a traballar na discoteca Set59, propiedade de Josep Sánchez i Llibre, quen o introduciu no mundo da política.
Foi concelleiro no Concello de Premià de Mar entre 2007 e 2011. Dende 2009 ocupou o cargo de Secretario Xeral de Unió da Joves. Tamén formou parte da comisión permanente da UDC e da Comisión Executiva Nacional de Convergència i Unió.
Durante as lexislaturas IX e X da Cataluña autonómica, foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña en representación de Unió de Joves e Unió Democràtica, con 24 anos, sendo o deputado máis novo da Cámara. En 2015 converteuse en voceiro de Unió no Parlamento de Cataluña.
En 2016 deixou temporalmente a política, e en novembro do mesmo ano crea a consultora Observatori 2050, xunto a Xavier Cima, marido de Inés Arrimadas, que operaba baixo a marca Diplolicy. Entre os seus clientes destacados estaba Uber. Posteriormente vendeu a empresa á consultora LLYC (Llorente i Cuenca), onde traballou alí entre 2020 e 2022.
Durante este tempo foi un dos impulsores da asociación Twenty50, dende onde se impulsaron debates e encontros sociais e empresariais ata 2022. Tamén colaborou con diversos medios, como TVE, Radio Nacional de España, 8TV, Rac1 e TV3.
En 2022 creou unha nova empresa, esta vez coa súa irmá (Busquets&Montañola).
En 2023 o Pdcat fichouno como cabeza de lista nas eleccións xerais españolas por Barcelona, dende onde defendeu activamente a volta a unha política de peix al cove.
No eido privado declárase un apaixonado da xeografía e xoga ao golf dende neno.
Publicacións Diez Retos tecnológicos, sociales y políticos: una visión regulatoria con Ignasi Belda (2021)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha de deputado na web do Parlamento de Cataluña
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1986 Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Políticos de UDC