O Embraer EMB 121 Xingu é un avión utilitario con dous motores turbohélice construído polo fabricante brasileiro Embraer. O aparello está baseado no EMB 110 Bandeirante, usando o mesmo deseño de á e motors cunha fuselaxe completamente nova. O EMB 121 realizou o seu primeiro voo o 10 de outubro de 1976.Michell 1994, p.9
Unha variante do EMB 121, o EMB 121A1 Xingu II, foi introducida o 4 de setembro de 1981 cun motor máis potente (PT6A-135), un asento máis para pasaxeiros, pasando de 8 a 9, e maior capacidade de combustible.
Antes de que rematase a súa produción en 1987, Embraer fabricara 106 EMB 121, 51 dos cales vendéranse a clientes de fóra do Brasil.
Desenvolvemento e deseño En 1975, Embraer comezou a desenvolver unha familia de tres derivados do seu avión de pasaxeiros Bandeirante, todos eles contando cunha fuselaxe presurizada e unha cola en T. O máis pequeno deles e primeiro en ser lanzado foi o EMB-121 Xingu, deseñado para transportar seis pasaxeiros nunha configuración típica, cun máximo de nove pasaxeiros.Air International, setembro de 1983, pp. 111, 113-114 O Xingu é un monoplano de á baixa en saínte cun tren de aterraxe retractable en triciclo e unha sección de fuselaxe circular. A súa á está baseada na usada polo Bandeirante, pero con menos envergadura. Ao igual que o EMB 110, está impulsado por dous motores turbohélice Pratt & Whitney Canada PT6A.Air International, setembro de 1983, p. 122Taylor 1984, pp. 14-15
O prototipo do Xingu, co rexistro PP-ZXI, voou por vez primeira dende a fábrica de Embraer en São Paulo o 10 de outubro de 1976. As probas levaron a varios cambios para mellorar o rendemento e o manexo, como o incremento da envergadura en 0,4 m, colocando un amortecedor de guiñada e engadindo unha gran aleta ventral.Air International, setembro de 1983, p. 114 O primeiro avión de produción realizou o seu voo de estrea o 20 de maio de 1977, e foi exposto ese ano no Paris Air Show. O Xingu recibiu a certificación de tipo brasileira en maio de 1977, seguida pola certificación británica en xullo dese ano.
O 26 de xullo de 1980, Embraer voou o prototipo do Xingu modificado, coa fuselaxe alongada tras engadirlle unha sección de 25 cm diante das ás e outra de 64 cm detrás delas, e coa envergadura tamén aumentada 38 cm. A nova versión, deseñada para adptarse mellor ao mercado estadounidense, estaba impulsada por dous motores de 850 shp (630 kW) PT5A-42 e tiña máis capacidade de combustible, incrementanndo o alcance do avión. Foi designado inicialmente Xingu II, pero cando o seu desenvolvemento ralentizouse ao concentrarse Embraer noutros programas (como os Tucano, Brasilia e AMX), decidiuse introducir unha versión mellorada provisional con máis potencia como o EMB-121A1 Xingu II, e a versión alongada converteuse no EMB-121B Xingu III.Air International, setembro de 1983, pp. 114, 121 O desenvolvemento do Xingu III abandonouse en 1984.Taylor 1984, p. 15
O Xingu II, mentres tanto, voou por vez primeira o 4 de setembro de 1981, e estaba equipado con dou motores de 750 shp (560 kW) PT6A-135, dándolle un mellor rendemento.Air International, setembro de 1983, p. 121 Substituíu a versión orixinal na liña de produción despois de fabricarse 29 unidades.Simpson 1995, p. 178 O Xingu I pode modificarse para converterse ao estándar Xingu II, e moitos operadires realizaron a conversión. A fabricación do Xingu continuou ata 1987, cun total de 106 aparellos producidos.
Servizo miniatura|230x230px|Xingu da Forza Aérea Brasileira As primeiras entregas do Xingu foron principalmente a clientes do Brasil, tanto a operadores civís como a militares, coa Forza Aérea Brasileira recibindo seis exemplares en 1978 para transporte VIP. Os Xingus da forza aérea do Brasil estiveron en servizo ata o ano 2010.
En setembro de 1980 o Xingu foi escollido polo ministerio de defensa de Francia para un avión de adestramento multimotor para a Armée de l'air e a Aéronavale, xa que tamén sería axeitado para tarefas de enlace para a mariña. O Xingu foi seleccionado por diante dos estadounidenses Beechcraft King Air e Cessna 425. Francia mercou un total de 41 aparellos, 25 para a forza aérea e 16 para a mariña, completándose as entregas a finais de 1983.Air International, setembro de 1983, pp. 121-122 En Francia o Xingu estivo en servizo ata 2022, quedando 22 na forza aérea e 10 na mariña.Hoyle 2022, p. 18
Variantes miniatura|Cabina do Xingu|230x230px
EMB 121A Xingu I Versión inicial de produción, impulsada por dous motores de Pratt & Whitney Canada PT6A-28. EMB 121A1 Xingu II Versión de produción revisada, impulsada por dous motores de Pratt & Whitney Canada PT6A-135. EMB 121B Xingu III Proxecto de versión alongada. Converteuse un único prototipo, pero non entrou en produción. Equipado con dou motores de Pratt & Whitney Canada PT6A-42. EMB 123 Tapajós Derivado proposto de 10 asentos con novas ás e motores de Pratt & Whitney Canada PT6A-45.Taylor 1976, p. 123 Foi abandonado en favor do máis sinxelo Xingu III.Air International, setembro de 1983, p. 113 EMB 120 Araguaia Versión de 20-24 asentos, coas mesmas ás e motores que o EMB 123, pero cunha fuselaxe máis longa. Posteriormente desenvolvido como o máis grande Embraer EMB 120 Brasilia de 30 asentos, con moitas menos cousas en común co EMB-121 do inicialmente previsto. VU-9 Designación da Forza Aérea Brasileira.
Especificacións (EMB 121A1 Xingu II) Datos de Jane's All the World's Aircraft 1984-85
Características xerais
Tripulación: 1/2 Capacidade: 9 pasaxeiros ou 770 kg de carga cun piloto Lonxitude: 12,25 m Envergadura: 14,05 m Altura: 4,84 m Superficie alar: 27,5 m2 Relación de aspecto: 7.18 Peso baleiro: 3 710 kg Peso máximo na engalaxe: 5 670 kg Capacidade de combustible: 1 308 kg Planta de potencia: 2 motores turbohélice Pratt & Whitney Canada PT6A-135 de 559 kW (750 hp) cada un Hélices: 2 hélices metálicas de catro pasl Hartzell HC-B4TN-3C/T9212B, 2.,36 m de diámetro, de velocidade constante con revestimento automático e paso inverso total
Rendemento
Velocidade máxina: 467 km/h Velocidade de cruceiro: 380 km/h a 3 050 m Velocidade de perda: 141 km/h sen potencia e cos flaps baixados Alcance: 1 230 km a 6 100 m co máximo combustible con 45 minutos de reserva Teito de servizo: 8 500 m Velocidade de ascenso: 9,1 m/s Carga alar: 206,2 kg/m2 Consumo de combustible: 0,52 kg/km: 110 kg/h por motor a 433 km/h Potencia/masa: 0,197 kW/kg
Notas
Bibliografía
Categoría:Aeronaves de Embraer Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1976