A Heliotropium europaeum é unha especie de planta herbácea do xénero Heliotropium na familia Boraginaceae. miniatura|Inflorescencias (cimas escorpioides). miniatura|Esquizocarpos de 4 mericarpos in situ. miniatura|Mericarpos soltos.

Descrición É unha planta erecta, amplamente ramosa, con pelos agrisados, anual, fétida. Follas ovadas a elípticas, de base cuneada a redondeada, pecioladas. Flores brancas ou lilas, de 2-4 mm de diámetro, sépalos lineal oblongos a estreitamente triangulares, estendidos trala floración; brácteas ausentes. Florece de xuño a outubro.

Distribución e hábitat A especie está distribuída polo sur, centro e norte de Europa, Macaronesia –excepto Cabo Verde–, norte de África e suroeste de Asia. É unha especie arvense e ruderal que medra dende o nivel do mar até os 1750 m de altitude.Heliotropium en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid

Propiedades É usado como colerético, colagogo, febrífugo e emenagogo.Enlace roto

Taxonomía Heliotropium europaeum foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum, vol. 1, p. 130, 1753.

Citoloxía

Número básico de cromosomas : n=16Luque, T., Karyological studies on Spanish Boraginaceae. VII, Heliotropium L., Willdenowia, vol. 25, p. 659-668, 1996

Etimoloxía

Heliotropium: prestado do Latín hēlĭŏtrŏpĭŏn, -ii derivado do Grego ήλιοτρόπιον, construído a partir de Ήλιος, o sol e τροπή, volta, xiro, referíndose ao movemento que, ao dicir de Dioscórides e Plinio o Vello (Historia Naturalis, 2, 109), diversas especies do xénero efectúan acompañando o curso do sol. europaeum: alusión xeográfica evidente pola súa localización en Europa.

Sinonimia

Heliotropium majus Garsault nom. inval.Heliotropium europaeum en The Plant List, vers. 1.1, 2013

Notas

Véxase tamén

Bibliografía AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City. Flora of China Editorial Committee. 1995. Flora of China (Gentianaceae through Boraginaceae). 16: 1–479. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.

Ligazóns externas

Heliotropium europaeum en Jepson Manual-University of California, Berkeley, 1993 Heliotropium europaeum en USDA Plants Database CalPhotos, Photo Database,University of California, Berkeley: Heliotropium europaeum

Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Boraginaceae