A Biblioteca Nacional de Azerbaidján (en ) é unha biblioteca pública nacional é o centro depositario de Azerbaidján e a institución custodia unha rica colección histórica e todo tipo de publicacións producidas en territorio nacional desde comezos do século XX. Atópase en Bakú.

A biblioteca foi fundada en 1922 e a súa inauguración oficial foi o 23 de maio de 1923. O edificio que a alberga foi erixido en 1922 e está deseñado para almacenar ata 5 millóns de artigos. En 1939, a biblioteca recibiu o nome de Mirza Fatali Akhundov, un destacado académico, dramaturgo e editor azerí.

Actualmente, este fondo documental está composto por máis de 4,5 millóns de pezas que inclúen libros, revistas, documentos, mapas, manuscritos, gravados, debuxos, partituras, folletos etc.

Está estruturado en vinte e seis departamentos e está xestionado polo Ministerio de Cultura e Turismo de Azerbaidján.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial da Biblioteca Nacional de Azerbaidján

Categoría:Bibliotecas nacionais Categoría:Bibliotecas de Azerbaidján Categoría:Edificacións de Bakú