Stefan Marković, nado o 25 de abril de 1988 en Belgrado, é un ex xogador profesional de baloncesto serbio. Cunha estatura de 1,97 metros xogaba nas posicións de base e escolta.
Traxectoria Marković comezou a xogar coma profesional no KK Atlas. Dende 2006 ata 2010 xogou para o Hemofarm, e a tempada seguinte pasouna en Italia xogando co Benetton Treviso.
En xuño de 2011, asinou un contrato de dous anos con opción a un terceiro adicional co Valencia Basket da Liga ACB.PE Valencia announces Stefan Markovic En xullo de 2013, rompéronse as negociacións co Valencia para asinar un novo contrato e converteuse en axente libre. En outubro de 2013, asinou un contrato dun ano co Banvit BK. O 27 de xuño de 2014, Marković volveu á Liga ACB tras asinar un contrato de dous anos co Unicaja Málaga.
O 13 de agosto de 2016, Marković asinou un contrato dun ano co Zenit San Petersburgo ruso.
O 23 de xuño de 2017, Marković asinou dous anos co BC Khimki ruso. Na tempada 2018-19, acadou 6.1 puntos, 4.4 asistencias e 2.1 rebotes na Euroliga 2018-19, e 6.3 puntos, 5 asistencias e 3.2 rebotes na VTB United League. O 18 de xullo de 2019, Marković deixou o Khimki.
O 2 de agosto de 2019, asinou co Virtus Bologna italiano.
O 8 de novembro de 2021, Marković volveu a Serbia para xogar no KK Crvena zvezda durante dúas tempadas.
O 23 de xuñode 2023, anunciou a súa retirada coma xogador de baloncesto profesional.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do KK Hemofarm Categoría:Xogadores do Pallacanestro Treviso Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do Banvit BK Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do BC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016