José Sobreira Fernández, foi un mestre, xornalista e político galego.
Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, obtendo o grao de mestre elemental en 1913.El Diario de Pontevedra, 1-10-1913, p. 2. Foi nomeado mestre interino de Vilachán (Tomiño) en outubro dese ano.El Progreso, 29-10-1913, p. 1. Pasou despois como interino polas escolas de Oia, Albeos (Crecente), Pías (O Rosal), Santa Cristina da Ramallosa e Renza (Vilagarcía de Arousa). En febreiro de 1923 foi nomeado mestre en propiedade da escola de Papucín (Frades),Galicia Nueva, 1-2-1923, p. 2. foi trasladado en novembro a Pereiras (Mos),El Compostelano, 6-11-1923, p. 1. e destinado a Sanín (Ribadavia) en 1928.El Noticiero Gallego, 8-12-1928, p. 3. Participou no mitin republicano de Razamonde (Cenlle) en maio de 1931.El Pueblo Gallego, 17-5-1931, p. 8. Colaborou en El Pueblo, Noticiero del Avia, El Pueblo Gallego e El Noticiero Gallego.
Foi mestre en Mourentán (Arbo) dende 1933. Participou nos actos do Primeiro de Maio en Cerdedo en 1934,La Hora, 5-5-1934, p. 1. e en Arbo en 1936.El Pueblo Gallego, 9-5-1936, p. 10. Foi concelleiro de Arbo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido durante tres meses de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense."Maestros pontevedreses suspendidos", La Voz de Galicia, 13-8-1936, p. 6. No proceso de depuración foi sancionado coa separación do servizo e baixa no escalafón o 11 de maio de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1942.BOE, 23-11-1943, p. 4142. Rehabilitado, foi mestre en Cereixo dende 1943,El Pueblo Gallego, 27-3-1943, p. 5. despois de Folgoso, dende onde intentou permutar en 1948 co mestre de Gargantada (Sama de Langreo) Francisco Iglesias Jorge, denengándolla a Dirección Xeral de Ensino Primario por ter nota desfavorable no expediente de depuración;BOE, 30-11-1948, p. 5384. logo en Fornelos de Montes, e dende 1952 na Canda (Piñor).La Región, 12-7-1952, p. 4.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Base de datos de concelleiros represaliados
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Arbo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo