El corazón de la luna é un filme peruano de 2021 dirixido e escrito por Aldo Salvini e protagonizado por Haydeé Cáceres. O filme conta a historia de M, unha muller anciá sen teito que un día ve un anxo mecánico que mudará a súa vida. Foi escollido como candidato do Perú para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Haydeé Cáceres como M Bruno Balbuena como Yawarbot Sergio Velazco como neno Mirta Urbina como soldador César Chirinos como Momia

Produción O filme foi producido completamente polo Centro de Creación Audiovisual da Universidade de Lima (Crea). O guión foille entregado a Gerardo Arias, o encargado da produtora, hai máis de cinco anos baixo o título "Perro Negro".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Perú propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes do Perú Categoría:Filmes rodados no Perú Categoría:Filmes ambientados no Perú