A beta-leucina (β-leucina) é un beta-aminoácido e isómero posicional da L-leucina que se produce naturalmente en humanos polo metabolismo da L-leucina pola acción do encima leucina 2,3-aminomutase. En individuos con deficiencia de cobalamina (vitamina B12), as concentracións plasmáticas de β-leucina son elevadas.

Biosíntese e metabolismo en humanos Unha pequena fracción do metabolismo da L-leucina (menos do 5% en todos os tecidos menos nos testículos, onde chega ao 33%) é catalizada inicialmente pola leucina aminomutase, producindo β-leucina, que é despois metabolizada a β-cetoisocaproato (β-KIC), despois a β-cetoisocaproíl-CoA, e finalmente a acetil-CoA por medio dunha serie de encimas non caracterizados.[https://books.google.com/books?id=aTQTAAAAQBAJ&pg=PA386 Figure 8.57: Metabolism of L-leucine

Notas

Categoría:Aminoácidos Categoría:Aminoácidos non proteinoxénicos