O Buddha Dhatu Jadi (en : ; en : tamén coñecido como o Templo Dourado de Bandarban) atópase preto da cidade de Balaghata, no distrito de Bandarban, en Bangladesh. Os Dhatu son os restos materiais dunha persoa santa, e neste templo as reliquias pertencen a Buda. É o templo budista Theravada máis grande de Bangladesh e ten a segunda estatua de Buda máis grande do país.
O Templo Dourado de Bandaban pertence á orde do budismo Theravada, que é practicada polo pobo indíxena marma, un grupo étnico dominante de Bandarban. Foi construído en 2000 en arquitectura arakanesa, unha adopción do estilo do Sueste asiático.
Notas
Categoría:Templos budistas en Bangladesh