miniatura|Numeración dos carbonos dos ácidos graxos; neste caso nun ácido graxo de 18 carbonos. Os números sistemáticos (IUPAC) C-x están en azul. A notación omega "ω−x" está en vermello. A notación con letras gregas está en verde.Nota: Un erro común nestas notacións é dicir que o último carbono é "ω−1", cando ese é o penúltimo (o último sería o ω).Outro erro común é dicir que a posición dun enlace na notación omega é o número do carbono máis próximo do final.Para os dobres enlaces, estes dous erros casualmente se compensan entre si; así que un ácido graxo "ω−3" ten efectivamente o dobre enlace entre os carbonos 3º e 4º contando desde o final (o carbono final do metilo cóntase como o carbono 1º).Porén, para substitucións e outros propósitos, os erros non se compensan, e así, un hidroxilo situado "en ω−3" está no 4º carbono empezando polo final, non no 3º e outro situado en ω−6 estaría no carbono 7º desde a cola. Ver por exemplo este artigo. Nótese tamén que na notación omega o signo "−" é un signo menos, e así "ω−3" debería en principio lerse como "omega menos tres", pero é moi común en literatura non especializada considerar o signo como un trazo ou guión e lelo como "omega-tres". Ver por exemploo Karen Dooley (2008), Omega-three fatty acids and diabetes.|250x250px Os ácidos graxos omega-6 (tamén chamados ácidos graxos ω−6 ou ácidos graxos n−6) son unha familia de ácidos graxos poliinsaturados que teñen en común posuír un dobre enlace entre carbonos na posición n−6, é dicir, o sesto enlace contando desde o metilo final da cadea do ácido graxo. A denominación omega (ω) indica que se empeza a contar desde o final da cadea, xa que é a última letra do alfabeto grego (ver Ácido graxo#Nomenclatura e numeración).
Os principais ácidos graxos omega-6 son o ácido linoleico, o ácido gamma-linolénico e o ácido araquidónico. A fonte principal de ácidos graxos omega-6 son os aceites vexetais. Considéranse bos para a saúde, xa que reducen o colesterol total.
Efectos sobre a saúde Unha revisión atopou que un incremento da inxesta de ácidos graxos omega-6 reduce o colesterol sérico total e pode reducir o risco de infarto de miocardio (ataque ao corazón). Nesa revisión non se atopou un cambio significativo no colesterol LDL nin de triglicéridos. Outra revisión de 2021 atopou que os suplementos de omega-6 non afectan o risco de ter morbilidade ou mortalidade por enfermidade cardiovascular.
Lista de ácidos graxos omega-6 miniatura|Estrutura química do ácido linoleico, un ácido graxo omega-6 común atopado en moitos froitos secos, sementes e aceites vexetais. miniatura|Ácido gamma-linolénico,PubChem compound gamma-Linolenic acid un ácido graxo omega-6. Nome común Fórmula lipídica Nome químico Ácido linoleico (LA) 18:2 (n−6) Ácido todo-cis-9,12-octadecadienoico Ácido gamma-linolénico (GLA) 18:3 (n−6) Ácido todo-cis-6,9,12-octadecatrienoico Ácido caléndico 18:3 (n−6) Ácido 8E,10E,12Z-octadecatrienoico Ácido eicosadienoico 20:2 (n−6) Ácido todo-cis-11,14-eicosadienoico Ácido dihomo-gamma-linolénico (DGLA) 20:3 (n−6) Ácido todo-cis-8,11,14-eicosatrienoico Ácido araquidónico (AA, ARA) 20:4 (n−6) Ácido todo-cis-5,8,11,14-eicosatetraenoico Ácido docosadienoico 22:2 (n−6) Ácido todo-cis-13,16-docosadienoico Ácido adrénico 22:4 (n−6) Ácido all-cis-7,10,13,16-docosatetraenoico Ácido de Osbond 22:5 (n−6) Ácido todo-cis-4,7,10,13,16-docosapentaenoico Ácido tetracosatetraenoico 24:4 (n−6) Ácido todo-cis-9,12,15,18-tetracosatetraenoico Ácido tetracosapentaenoico 24:5 (n−6) Ácido todo-cis-6,9,12,15,18-tetracosapentaenoico
O punto de fusión dos ácidos graxos increméntase confoirme aumenta o número de carbonos da súa cadea.
Aceites vexetais con omega-6
Os aceites vexetais son a principal fonte de ácido gamma-linolénico omega-6. En todo o mundo extráense máis de 100 millóns de toneladas métricas de aceites vexetais ao ano procedentes dos froitos da palma, sementes de soia, sementes de colza e sementes de xirasol, que proporcionan máis de 32 millóns de toneladas métricas de ácido linoleico omega-6 e 4 millóns de toneladas métricas de ácido alfa-linolénico omega-3. O aceite de oliva virxe extra ten un 9,8% de ácido linoleico (omega-6)."Olive oil, salad or cooking, fat composition, 100 g" . US National Nutrient Database, Release 28, United States Department of Agriculture. Maio de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2017., Táboa 03: Major Vegetable Oils: World Supply and Distribution en Oilseeds: World Markets and Trade Monthly Circular
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Nutrientes esenciais Inflamación Ácido alfa-linolénico Peroxidación de lípidos Ácido graxo omega-3
Bibliografía
Categoría:Ácidos graxos