Scott Andrew Travers, nado en Nova York o 12 de novembro de 1961, é un escritor, editor e comerciante numismático estadounidense, caracterizado pola súa defensa do coleccionismo numismático.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Travers pasou a súa infancia na súa cidade natal, Nova York. Alí cursou a súa educación primaria na Dwight School, no Upper West Side de Manhattan. Nesa época comezou o seu interese polo coleccionismo numismático, gañou os seus primeiros premios infantís nesa afecciónSmith, P. (2012). Páxina 413. e iniciouse xa na compra e venda de moedas por correo.Reiter, E. (1984). "Numismatics: Helping Hand for Coin Collectors". En The New York Times. 24 de xuño.
Posteriormente ingresou na Universidade Brandeis, de Waltham, Massachusetts, onde acadou a súa graduación en 1983.
Carreira profesional Entre 1976 e 1980 traballou como numismático profesional na Musical Coin Company, e entre 1987 e 1990 como clasificador para NGC. Mais a súa traxectoria profesional está vinculada, no aspecto comercial, á compañía Scott Travers Rare Coin Galleries, fundada por el en Nova York en 1981, e, no ámbito editorial, á revista numismática COINage, da que se converteu en editor a partir de 1984.Smith, P. (2012). Páxina 413-414.
A súa experiencia no ámbito numismático fíxoo merecedor de citas como experto en medios como a CNBC,Zetlin, M. (2019). "People have been making up to $100,000 off 'coin hunting'. Here's how the highly unusual hobby works". En CNBC. 2 de outubro. Los Angeles Times,Crouch, G. (1990). "The Rare-Coin Business Feels a New Tarnish". En Los Angeles Times. 2 de setembro. a CBS e outros."Scott A. Travers". Penguin Random House.
Travers é un destacado membro da American Numismatic Association, de cuxa xunta directiva formou parte, como gobernador (1995-1997) e como vicepresidente (1997-1999).Smith, P. (2012). Páxina 414.
Tamén foi consultor de valoración de moedas para a Comisión Federal de Comercio.
Recoñecementos
1978: Numismático Novo do Ano, da American Numismatic Association (ANA)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association. 1984: Asesor Adulto Destacado do ano, da ANA. 1992 e 1999: Premio Glenn Smedley Memorial, da ANA. 2002: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. 2003: Premio Presidencial, da ANA."Past Presidential Award Recipients". American Numismatic Association. 2010: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 2016: Premio Burnett Anderson Memorial, da ANS, a ANA e o NLG. 2017: Premio Century Club, da ANA.
Publicacións En paralelo á súa actividade profesional, Travers tamén é autor de sete monografías acerca do coleccionismo numismático, varios deles merecedores da consideración de "Libro do ano" polo Numismatic Literary Guild:
(1986). Travers’ Rare Coin Investment Strategy. Prentice Hall Press, ISBN 978-0668065863 [2ª ed. 1989] (1990). The Investor's Guide to Coin Trading. John Wiley & Sons. ISBN 978-0471609285 (1996). How to Make Money in Coins Right Now. House of Collectibles. ISBN 9780876379974 [2ª ed. 2001] (1991). One-Minute Coin Expert. Dell Pub Co. ISBN 978-0440207863 [6ª ed. 2007] (2007). Scott Travers’ Top 88 Coins to Buy & Sell. House of Collectibles. ISBN 978-0375722219 (1984). The Coin Collector's Survival Manual. Arco Pub. ISBN 978-0668056830 [7ª ed. 2010] (1993). The Insider's Guide to U.S. Coin Values. House of Collectibles. [21 ed. 2015 ISBN 978-0375723728]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Smith, P. (2012). "Travers, Scott Andrew". En American Numismatic Biographies. Páxinas 413-414.
Ligazóns externas
Sitio web de Scott Travers Rare Coin Galleries
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Alumnos da Universidade Brandeis