Magnus é un filme documental de 2016 dirixido por Benjamin Ree sobre os inicios do xadrecista noruegués Magnus Carlsen. O mozo converteuse en Gran Mestre aos 13 anos e gañou o Mundial de Xadrez en 2013.

Estrea Estreado no Festival de Cinema de Tribeca en 2016, converteuse no primeiro documental noruegués que se estreou a nivel mundial no antedito festival. Magnus Carlsen non asistiu á estrea, mais si a súa familia. Foi o filme desa edición do festival que antes esgotou as súas entradas. Frederic Boyer, director artístico do Festival de Cinema de Tribeca, afirmou que era un dos seus favoritos dese ano.

Acollida da crítica Magnus recibiu maioritariamente recensións positivas da crítica de cinema. Ten unha puntuación do 81% no sitio web Rotten Tomatoes baseada en 27 valoracións, cunha media ponderada de 6,2 sobre 10.

Premios salientábeis

Global Future Prize – Oulu International Children's and Youth Film Festival The Ray of Sunshine – The Norwegian International Film Festival Premio do público – Docville

Notas

Ligazóns externas

Magnus en Rotten Tomates Magnus: The boy who conquered the chess world en BBC Arts

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Documentais Categoría:Xadrez Categoría:Cultura de Noruega Categoría:Filmes biográficos