O bordo, bordura ou bordadura é un termo usado en heráldica para indicar unha franxa ou lista adherida á marxe interior do escudo, da que segue a sinuosidade. Ampla, en teoría, aproximadamente un módulo (1/7 do ancho do escudo).

O termo é usado maiormente para indicar a peza honorábel que consiste nunha franxa que rodea o escudo e ten un sexto do seu ancho. No brasonamento cítase como último elemento. Moitas veces está cargado de figuras, por exemplo no escudo de Portugal, cargado de castelos de ouro.

Galería de imaxes

Atributos heráldicos

acantonado cando teña as catro esquinas de distintos esmaltes bisantado cando está espallado de bezantes composto cando consta dunha soa fila de caixas de esmalte alternadas cuneata cando a liña de separación ten dentes longos dentata cando a liña de separación ten dentes de lonxitude máis curta asediado cando a liña de división ten ameas scaccata cando se enche con cadrados alternados de esmaltes en varias filas acanalado cando a liña de separación ten semicírculos contiguos trianguladas cando se enchen de triángulos de esmaltes alternados

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Antonio Manno (a cura di), Vocabolario araldico ufficiale, Roma, Civelli, 1907.

Outros artigos Carga heráldica Escudo de armas Escudo de Portugal Escudo de Galicia Escudo de Castela e León Flags of the World Vexiloloxía

Categoría:Heráldica