Västergötland é unha provincia histórica sueca (landskap) na rexión de Götaland, no suroeste do país. Limita ao suroeste coa provincia de Halland, ao oeste co Kattegatt e Bohuslän, ao norte con Dalsland, o lago Vänern e Värmland, ao leste con Närke e o lago Vättern, e ao sueste con Småland.
Nome O nome de Västergötland aparece por vez primeira na década de 1070 da man de Adán de Bremen na súa forma latina ... in occidentalia Gothia, Westragothia,Sveriges ortnamn: Ortnamnen i Älsborgs län, del 1:1, Stockholm 1906 s. 5, 9 despois aparece na Florenslistan de 1103 baixo a denominación de "Gothia occidentalis", e máis tarde, no ano 1317 coa forma Wæstragötland.Svenskt Diplomatarium Suecanum, del 3, Stockholm 1829 s. 323
Historia As moitas tumbas megalítcas deron a coñecer a prehistoria do landskap, sobre todo as tumbas de andadeiro de Falbygden. Moitos achados de obxectos de ouro e bronce apuntan a contactos temperáns con grupos de persoas circundantes. A poboación de Västergötland aceptou rapidamente o cristianismo, e o landskap ten, coa Västgötalagen, a lei provincial máis antiga de Suecia.
Durante a Alta Idade Media a provincia foi escenario de guerras civís e loitas de poder, ás veces co apoio de soldados da Halland dinamarquesa, ou da Bohuslän norueguesa. Na Baixa Idade Media e o período Vasa houbo na zona batallas entre reis suecos e dinamarqueses, tendo como obxectivo estes últimos restablecer a Unión de Kalmar.
A princesa herdeira Vitoria e o príncipe Daniel son duques de Västergötland.
Notas
Categoría:Provincias históricas de Suecia