As Black Mountains (Montañas Negras), en galés Y Mynyddoedd Duon ou Y Mynydd Du, son unha cadea montañosa do centro-sueste de Gales, nos condados de Powys e Monmouthshire. Son parte da cordilleira de Brecon Beacons, e caracterízase por cumes rochosos e vales profundos. O punto máis elevado é Waun Fach, de 811 metros e o segundo máis alto é Pen y Gadair Fawr, de 800 metros.
Chegan até a fronteira do condado inglés de Herefordshire. Esténdense por unha área triangular: entre os concellos de Abergavenny (sueste), Hay-on-Wye (norte) e Llangors (oeste).
Tamén se pode acceder desde os municipios de Talgarth e Crickhowell e son un lugar popular para andar a pé e realizar actividades ao ar libre.
Notas
Véxase tamén
Brecon Beacons
Ligazóns externas
Y Mynyddoedd Duon: Castell Dinas a'r Clwb Gleidio - Parc Cenedlaethol Bannau Brycheiniog, Cymru (en galés e inglés, en breconbeacons.org)
Categoría:Montañas do Reino Unido Categoría:Montañas de Gales