Rosa Rodríguez-Vaamonde Domínguez, tamén coñecida como Rosa Bahamonde, nada en Tui en 1832 e finada en 1898, foi unha filántropa galega, que herdou e doou varias obras pictóricas ao Museo del Prado.

Traxectoria Filla de María do Carme Domínguez Figueroa e Florencio Rodríguez Vaamonde. Comprometida coa actividade política e cultural de seu pai, foi herdeira dunha colección de importantes pinturas (entre elas copias de Tiziano ou obras de Pedro Berruguete) así como dunha serie de propiedades e bens cos que realizou numerosas doazóns en honra ao seu pai. Entre elas, recórdase nalgunhas necroloxías da familia unha rica e moi agradecida doazón ao hospital tudense, posteriormente coñecido como Instituto San Paio, Área Panorámica e, na actualidade, como Edificio Francisco Sánchez.

Pola súa achega á vila de Tui, o Concello concedeulle a Rosa Vaamonde o seu nome a unha céntrica rúa da cidade.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina sobre Rosa Vaamonde no sitio web do Museo del Prado .

Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1832 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes