Chibis-M foi un satélite artificial ruso lanzado o 30 de novembro de 2011 a bordo do cargueiro Progress-M 13M mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Chibis-M foi enviado ao espazo como unha carga acaroada ao cargueiro Progress-M 13M, que se acoplou á Estación Espacial Internacional o 2 de novembro. Despois de cumprir a súa misión, o cargueiro desacoplouse o 24 de xaneiro de 2012, liberando a Chibis-M e deixándoo en órbita.
O satélite tiña unha masa de 40 kg e foi construído polo Instituto de Investigación Espacial (IKI en ruso). Levaba a bordo un experimento de ondas de plasma para estudar a interrelación dos procesos que ocorren na ionosfera e magnetosfera terrestres. Despois de máis de dous anos en órbita, Chibis-M reentrou na atmosfera o 15 de outubro de 2014.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U
Categoría:Satélites artificiais