John Cassin, nado en Upper Providence Township (Condado de Delaware, Pensilvania) o 6 de setembro de 1813 e finado en Filadelfia o 10 de xaneiro de 1869, foi un ornitólogo e algólogo estadounidense.
Traxectoria Cassin foi educado na Escola Westtown, en Westtown, Pensilvania.Minerals . Delaware County Institute of Science. Serviu no Exército da Unión durante a guerra civil estadounidense e estivo preso na prisión confederada de Libby en Richmond, Virxinia.Schmauss, Anne: "For The Birds: Don't mistake Cassin's finches for house finches". Santa Fe New Mexican.
Trasladouse a Filadelfia en 1834 onde foi xefe dun negocio de litografía, no que máis tarde se imprimiron moitas da súas ilustracións de aves.Stone 1901, p. 1. Traballou durante un breve tempo no Concello de Filadelfia.Stone 1901, pp. 1–2. Foi membro da Sociedade Zoolóxica, da Sociedade Filosófica Estadounidense e da Sociedade Histórica de Pensilvania.Campbell, John Hugh (1892); History of the Friendly Sons of St. Patrick and the Hibernian Society for the Relief of Emigrants from Ireland. Philadelphia: Hibernian Society. pp. 376–377.
En 1833, Cassin, xunto con 4 colegas, fundou o Instituto de Ciencias do Condado de Delaware en Media, Pensilvania.Ashmead 1884, pp. 601–602.
John Cassin está considerado como un dos ornitólogos estadounidenses máis importantes, xa que describiu 198 aves que non foran previamente mencionadas por Alexander Wilson nin por John James Audubon.
Traballou como conservador e vicepresidente na Academia de Ciencias Naturais de Filadelfia e centrouse na clasificación sistemática da extensa colección de aves da Academia. Foi un dos fundadores do Instituto de Ciencias do condado de Delaware e publicou varios libros que describen 198 novas especies de aves. No seu honor nomeáronse cinco especies de aves norteamericanas, unha carricanta e un mineral.
As obras máis coñecidas de Cassin son Illustrations of the Birds of California, Texas, Oregon, British and Russian America (1853-1856) e Birds of North America (1860), escrito xunto con Spencer Fullerton Baird e George Newbold Lawrence.
A súa saúde viuse moi alterada nos días da Guerra civil estadounidense. Ademais, o arsénico, utilizado para conservar os espécimes de aves e, como a outros ornitólogos da súa época, producíronlle terríbeis consecuencias: morreu aos 55 anos.
Publicacións miniatura|150px|Sepultura de John Cassin Libros John Cassin (reed. en 2010): Illustrations of the Birds of California, Texas, Oregon, British and Russian America. Intended to Contain Descriptions and Figures of All. Editor: General Books LLC. ISBN 1-1550-8030-0. Spencer Fullerton Baird, John Cassin and George Newbold Lawrence (1860): The birds of North America. Natural sciences in America. Edición ilustrada, reimpresa de Arno Press.
Artigos importantes 1845. Ornithology of the United States Exploring Expedition. 1858. Mammalogy and ornithology. 1858. Explorations and Survey for a Railroad Route from the Mississippi to the Pacific Ocean. 1856. Ornithology of the Japan Expedition 1856. 1855. Ornithology of Gillies's Astronomical Expedition to Chili. 1855. Birds of Chili.
Abreviaturas A abreviatura Cassin emprégase para recoñecer a John Cassin como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía. A abreviatura Cassin emprégase para indicar a John Cassin como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.Cassin, John no IPNI.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Works of John Cassin at the Biodiversity Heritage Library CassinsSparrow.org.
Categoría:Nados en 1813 Categoría:Nados no condado de Delaware, Pensilvania Categoría:Finados en 1869 Categoría:Ornitólogos dos Estados Unidos de América