Merja Halmetoja, nada en Nivala o 5 de marzo de 1987 é unha ex xogadora de hóckey sobre xeo finlandesa que xogaba na posición de defensa ou centro. Se ben durante a tempada 2015-16 xogou coa camisola do HPK de Hämeenlinna, Halmetoja desenvolveu case toda a súa carreira no Ilves de Tampere, equipo no que exerce como adestradora asistente dende a tempada 2022-23.

Ao longo da súa carreira xogou 308 partidos de liga regular na máxima competición do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Liiga, nos que marcou 30 goles e deu 85 asistencias para un total de 115 puntos. Nos play-offs disputou un total de 87 partidos cun rexistro de 7 goles e 12 asistencias para 19 puntos.

Halmetoja integrou o equipo de Ilves que se proclamou campión finlandés na tempada 2009-10, e gañou cinco medallas de prata co equipo de Tampere nos anos 2008, 2009, 2011, 2018 e 2019, así como outra prata máis con HPK en 2016.

Notas

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados na rexión de Ostrobotnia do Norte Categoría:Xogadoras do Ilves Naiset Categoría:Xogadoras do HPK Kiekkonaiset‎