Antonio Souto Mosteiro, nado cara a 1890 e finado en Melide o 2 de novembro de 1966, foi un político galego.

Traxectoria Foi nomeado alcalde de Melide en maio de 1934, cesando en decembro dese ano. Volveu ser nomeado alcalde de Melide a finais de xaneiro de 1936, cesando no cargo en marzo dese ano. Finou en Melide o 2 de novembro de 1966.Necrolóxica en A La Voz de Galicia, 3-11-1966, p. 19.

Recoñecementos

Unha rúa de Melide leva o seu nome.

Vida persoal

Foi pai de Andrés, Rocío, Manuel e Edelmira Souto Sampedro. Casou en segundas nupcias con Socorro Puga Puga e foi pai de María e Concepción Souto Puga.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Melide Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República

Categoría:Nados en 1890

Categoría:Finados en 1966