Noora Mylläri, nada en Vaasa o 3 de abril de 2000, é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo que xoga como centro ou ala. Na tempada 2022-23 xoga no equipo de Ilves de Tampere da Naisten Liiga.

Traxectoria Apaixonada aos deportes de equipo dende pequena, Noora Mylläri comezou xogando ao fútbol e ao floorball con nenos. Algúns dos seus compañeiros xogaban tamén ao hóckey sobre xeo, polo que provou.

Mylläri comezou a súa carreira no hóckey sobre xeo nunha escola de hóckey para nenas, na que permaneceu dous meses antes de pasar a xogar cos nenos. A súa progresión levouna a unirse ao equipo feminino da súa cidade natal, Vaasan Sport, cando tiña tan só 13 anos. Na tempada 2015-16 da Naisten Mestis, a que daquela era unha das figuras máis prometedoras do equipo de Vaasa sumou 20 puntos (10 goles e 10 asistencias) en tann só 12 partidos. Con todo, aos 16 anos o alto ritmo de adestramentos e os estudos produciron unha sobrecarga por fatiga que fixo diminuír o seu apetito e o seu rendemento. Estes problemas fixeron que tivera que deixar a práctica deportiva durante un tempo, durante o cal permaneceu no equipo como adestradora asistente.

Durante a tempada 2021-22 foi vicecapitá de Vaasan Sport xunto con Pauliina Suoniemen (capitá) e Susanna Kupari (tamén vicecapitá).

Logo do descenso de Sport, Mylläri fichou por Ilves para a tempada 2022-23 en xuño de 2022.Post de benvida de Ilves Naiset a Noora Mylläri En maio de 2023 prolongou un ano máis a súa relación co club de Tampere.

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Vaasa Categoría:Xogadoras de Vaasan Sport Naiset Categoría:Xogadoras do Ilves Naiset