Emilia Varpula, nada o 30 de decembro de 1999 en Kuortane (Finlandia), é unha xogadora de hóckey sobre xeo finlandesa. Na tempada 2022-23 xoga no Ilves de Tampere na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, a Naisten Liiga.
Traxectoria Nada en Kuortane, na tempcada 2012-13 xogou no equipo sub-16 de APV. Na tempda seguinte, logo dun breve paso por Seinäjoki no S-Kiekko, co que disputou nove partidos na Mestis, incorporouse ao Team Oriflame de Kuortane, que militaba na máxima categoría, daquela denominada Naisten SM-sarja.
Logo de pasar a tempada 2017-18 en Hämeenlinna nas filas de HPK, no que xogou 30 partidos na liga regular da Naisten Liiga nos que rexistrou 9 goles e 17 asistencias para un total de 26 puntos e 3 partidos nos play-offs, fichou por Lukko, no que permaneceu as dúas seguintes tempadas.
Na tempada 2020-21 uniuse a Ilves. No seu primeiro ano en Tampere disputou 28 partidos de liga regular na Naisten Liiga nos que marcou 10 goles e repartiu 19 asistencias para un total de 29 puntos, mentres que nos play-offs disputou sete encontros nos que rexistrou 3 puntos (2+1).
No seu segundo ano en Ilves Varpula perdeuse parte da tempada logo de sufrir unha agresión por parte da dianteira de TPS Maija Otamo no último minuto do partido que ambos equipos disputaron no xeo do Tesoman jäähalli a finais de setembro de 2021, cando Ilves gañaba por tres goles a cero. Otamo empurrou e golpeou a Varpula, que ficou inconsciente e tivo que ser trasladada ao Hospital Universitario de Tampere con varias lesións que incluían unha conmoción cerebral e un desgarro no pescozo. A finais de febreiro de 2022, logo dunha longa rehabilitación, a xogadora volveu á actividade.
Notas
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados na rexión de Ostrobotnia do Sur Categoría:Xogadoras do Team Kuortane Categoría:Xogadoras do HPK Kiekkonaiset Categoría:Xogadoras do Lukko Naiset Categoría:Xogadoras do Ilves Naiset