Manuel Pampín Prado, nado en Melide cara a 1913, e finado na Coruña o 12 de xuño de 2008, foi un político galego.

Traxectoria

Fundador de Falange Española de Melide en 1933. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi voluntario no exército sublevado. Ferido na batalla do Ebro, rematou a guerra como alférez. Retornado a Melide, foi xefe comarcal do Movimiento e foi nomeado alcalde en febreiro de 1941. Cesou como alcalde en abril de 1942. Foi nomeado inspector provincial sindical para as Hermandades de Labradores en novembro de 1941. Volveu ser alcalde de Melide en xullo de 1944, permanecendo no cargo ata xuño do ano seguinte. Finou na Coruña o 12 de xuño de 2008.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-6-2008, p. 66. Recoñecementos Unha rúa de Melide leva o seu nome.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Melide Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2008