miniatura|Os tres dedos anteriores das patas deste ganso (Anser fabalis) están unidos por unha membrana interdixital

En zooloxía denomínase membrana interdixital,Xusto A. Rodríguez Río, coord. (2008): Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria . Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-9887-018-3. ás veces chamada tamén membrana natatoria, é unha membrana de tecido epitelial que une os dedos das patas dalgúns animais, especialmente as aves acuáticas e os anfibios, pero que tamén presentan algúns mamíferos e réptiles (como os crocodilos e as tartarugas mariñas), que realiza unha función análoga ás aletas dos peixes, permitindo a súa locomoción na auga.

Non debe confundirse coa sindactilia, que é a fusión conxénita ou accidental de dous o máis dedos entre si, como a que pode darse en persoas que sofren o denominado síndrome LEOPARD, ou a síndrome de Aarskog-Scott.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Cooper, L. N. & J. G. M. Thewissen (2009): The role of FGF-8 in the origin of interdigital webbing in cetaceans. Presentation, Society of Integrative and Comparative Biology. Boston, Massachusetts: John Wiley & Sons, Inc.

Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos