Luiz Carlos da Silva Lemos, máis coñecido como Luiz Carlos Tatu, nado en Três Irmãos, Río de Xaneiro, o 11 de agosto de 1947, é un exfutbolista brasileiro que xogaba como extremo dereito.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol na súa localidade natal, Três Irmãos, instalándose máis tarde en Santo Antonio de Pádua, onde xogou no Paduano Esporte Clube. Aos 17 anos ingresou no Flamengo do Río de Xaneiro. Comezou no equipo xuvenil, pasando logo ao primeiro equipo, no que pronto comezou a destacar. En 1968 disputou un partido coa selección brasileira, contra Iugoslavia no Maracanã, saíndo de titular na dianteira xunto a Pelé, Tostão e Edu.
Militou no Mengão ata o Entroido de 1969, cando foi traspasado ao Vasco da Gama. No Vascão xogou durante os seguintes oito anos, nos que gañou un Campionato Carioca en 1970. En 1972 saíu cedido ao Cruzeiro, club co que gañou o Campionato Mineiro. Ao seu regreso ao Río, participou da primeira conquista do Campionato Brasileiro na historia do Vasco, na edición de 1974.
A comezos de 1977 foi traspasado ao Fluminense a cambio de Dirceu Guimarães. Xogou dúas campañas no Flu e nos seus últimos anos de carreira militou no Bangu, no Olaria e no Campo Grande.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es .
Categoría:Nados no estado do Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1947 Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Flamengo Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores do Cruzeiro EC Categoría:Xogadores do Fluminense FC Categoría:Xogadores do Bangu Atlético Clube Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil