Eduardo Teus López-Navarro, coñecido simplemente como Teus, nado en Manila o 6 de novembro de 1896 e finado en Bilbao o 8 de outubro de 1958, foi un futbolista hispano-filipino, que xogou como porteiro no Real Madrid. Máis tarde foi xornalista deportivo e en 1941 Francisco Franco encargoulle a dirección da selección española de fútbol como adestrador. Dirixiu a selección nacional ata 1942.
Morreu dun infarto mentres cubría como xornalista un Athletic - Real Madrid no palco de prensa do estadio San Mamés de Bilbao.
Palmarés Real Madrid Copa do Rei (1): 1917.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do adestrador en BDFutbol .
Categoría:Nados en Manila Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Futbolistas de España Categoría:Futbolistas de Filipinas Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores da selección de fútbol de España Categoría:Xornalistas de España