Antonio Coladas Andia, nado en 1873 e finado en Santalla (Vilameá, A Pontenova) o 3 de xaneiro de 1941, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Comerciante en Santalla. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1936 foi elixido concelleiro de Vilameá e elixido alcalde. Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi destituído como alcalde e concelleiro.BOP Lugo, 20-7-1936, p. 3. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Delegado de Orde Pública de Viloudriz e Vilameá,El Pueblo Gallego, 9-8-1936, p. 6. tomando posesión como presidente da Comisión Xestora de Vilameá o 25 de xullo.BOP Lugo, 11-11-1936, p. 3. Finou en Santalla o 3 de xaneiro de 1941 con 69 anos.El Progreso, 4-1-1941, p. 3.
Vida persoal
Casou con Amalia Guzmán Soto e foi pai de José María, Jesús, Ramón, Escolástica, Luis, Sergio, Jaime, Víctor e Maruja Coladas Guzmán.
Notas
Categoría:Alcaldes de Vilameá
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1941